diegoRodicio

View Categories

🧱 Widgets sen estado propio

🧱 Widgets sen estado propio: StatelessWidget

Utilizamos un StatelessWidget para describir unha interface cos datos que recibe, sen gardar estado mutable propio.

  • Non xestionan un estado interno que poida cambiar por si mesmo.
  • Son sinxelos de crear e utilizar.
  • Permiten crear widgets propios combinando outros widgets máis sinxelos.
  • Exemplos: Text (o texto non cambia a menos que lle pases un texto novo), Icon e Container.

💡 Cando usalos? Por exemplo, para mostrar unha pantalla de presentación, unha ficha informativa ou os datos dun perfil.

🧱 Describir a interface cos datos recibidos

Xa aprendemos a crear widgets propios no Tema 3.2. Neste exemplo, imos crear un widget chamado PantallaPerfil que mostra o nome dunha persoa e o centro educativo.
Fíxate nos seguintes elementos do código:

  • class PantallaPerfil extends StatelessWidget: crea un novo widget chamado PantallaPerfil.
  • nome: permite indicarlle ao widget o nome da persoa que queremos mostrar. A palabra reservada final indica que o nome recibido non se pode substituír por outro dentro dese mesmo widget.
  • build: é o método no que indicamos os elementos (widgets) que aparecerán na pantalla.
  • const: permite crear widgets constantes, é dicir, widgets que se poden construír con valores fixos. Axuda a Flutter a optimizar o funcionamento da aplicación. Polo momento, non é necesario preocuparse por cando utilizalo, xa que non é obrigatorio na maioría dos casos.

🔗 DartPad:

Mostrar un perfil cos datos recibidos por un StatelessWidget
Mostrar un perfil cos datos recibidos por un StatelessWidget

Neste exemplo, a aplicación mostra o nome Diego Rodicio porque é o valor que indicamos ao crear PantallaPerfil:

PantallaPerfil(nome: 'Diego Rodicio')

Se substituímos ‘Diego Rodicio’ por ‘Rosa’, a pantalla mostrará o novo nome. Isto permítenos reutilizar o mesmo widget para mostrar información de diferentes persoas.

💡 Truco: En VS Code podemos escribir stless para crear automaticamente a estrutura básica dun StatelessWidget.

Crear un StatelessWidget co atallo stless de VS Code
Crear un StatelessWidget co atallo stless de VS Code

📚 Consulta: