Contido deste apartado:
🏗️ A estrutura mínima dunha pantalla
MaterialApp configura a aplicación. Dentro dela, Scaffold organiza unha pantalla co estilo Material. Para os exemplos deste tema necesitamos só dúas partes:
| Parámetro | Que colocamos nel? |
|---|---|
appBar | Unha AppBar co título da pantalla. |
body | O widget que contén a parte principal da pantalla. |
Este fragmento pode devolverse desde o build da pantalla:
Scaffold(
appBar: AppBar(title: const Text('IES San Mamede')),
body: const Center(
child: Text('Benvidos a 2º DAM'), // Contido principal da pantalla.
),
)

Habitualmente usamos un Scaffold por pantalla; non outro dentro de cada tarxeta ou lista. No Tema 3.4 veremos con detalle a barra superior, o botón flotante, os menús, a barra inferior, os paneis e os avisos.
📚 Consulta: