📦 Engadir funcionalidades cun paquete
Un paquete contén código que podemos incorporar ao proxecto. Buscámolo en pub.dev, consultamos como se instala e importámolo onde o vaiamos usar.
Imos probar google_fonts, que facilita o uso de fontes de Google Fonts. Faremos esta práctica nun proxecto local de Flutter.
Desde a raíz do proxecto:
flutter pub add google_fonts
O comando engade a dependencia a pubspec.yaml e resolve as dependencias. Non necesitas copiar un número de versión dos apuntamentos. Se modificas as dependencias manualmente, executa flutter pub get.
🔤 Usar unha fonte
En lib/main.dart, engade o import xunto ao de Material:
import 'package:google_fonts/google_fonts.dart'; // Acceso ás fontes.
No body do Scaffold:
Center(
child: Text(
'IES San Mamede',
style: GoogleFonts.lato(fontSize: 26), // Aplicamos a fonte Lato.
),
)
Aquí non poñemos const diante do Text: a chamada a GoogleFonts.lato calcula o estilo ao executar.
O paquete pode descargar a fonte a primeira vez que a necesita. Para usala sen depender da rede, podemos incluír os ficheiros da fonte como assets seguindo as instrucións do paquete.
📚 Consulta:
O proceso para engadir outros paquetes é o mesmo, aínda que algúns precisan configuración adicional. Nos temas de consulta atoparás provider no Tema 3.7 e http para peticións a servizos web no Tema 3.6. Non necesitamos instalalos para este exemplo.
📚 Consulta: