diegoRodicio

View Categories

🧱 Entender unha aplicación sinxela

🧪 Unha aplicación completa

Substitúe o contido de lib/main.dart por este exemplo. Non o engadas ao final do código que xa había.

🔗 DartPad:

Primeira aplicacion en Flutter
Primeira aplicacion en Flutter

🧭 Que fai cada parte?

ElementoFunción no exemplo
main()É o punto de entrada, igual que nos programas de Dart.
runApp(...)Recibe o widget raíz e inicia a interface de Flutter.
MiAplicacionÉ o noso widget raíz; configura a aplicación.
MaterialAppProporciona a configuración e os servizos básicos dunha aplicación Material.
homeIndica a pantalla inicial: PantallaPrincipal.
ScaffoldOrganiza esa pantalla: barra superior e corpo.
AppBarMostra a barra superior. O seu título é distinto do title de MaterialApp.
Center e TextCentran e mostran a mensaxe.

A organización deste exemplo é: MiAplicacion → MaterialApp → PantallaPrincipal → Scaffold. Son obxectos que conteñen outros obxectos, como vimos ao estudar composición en Dart.

Partes principais dunha aplicacion en Flutter
Partes principais dunha aplicacion en Flutter

🏗️ O método build()

Nos nosos StatelessWidget, build() devolve os widgets que describen a interface. Flutter chama a este método cando necesita construír ou reconstruír esa parte da pantalla; non o chamamos nós directamente.

📌 Un StatelessWidget non cambia por si mesmo os datos cos que foi creado.

  • O propio widget non modifica eses datos durante o seu uso.
  • Máis adiante, no Tema 3.3, veremos StatefulWidget, que empregaremos cando necesitemos que os datos ou o contido dun widget poidan cambiar durante o seu uso, por exemplo, ao premer un botón ou modificar un valor.
Métodos build()
Métodos build()

📍 O contexto (context)

O método build recibe un parámetro chamado context, de tipo BuildContext. Flutter proporciónao cando chama ao método:

@override
Widget build(BuildContext context) {
  // Devolvemos o contido deste widget.
  return const Text('Benvidos a 2º DAM');
}

O context identifica a posición do widget na árbore de widgets. A partir desa posición, podemos acceder a información e funcionalidades proporcionadas polos widgets que hai por enriba, chamados antecesores. Por exemplo, máis adiante usarémolo para consultar as cores do tema ou mostrar avisos.

💡 Polo momento, abonda con recoñecer este parámetro e saber para que serve. Irémolo utilizando nos seguintes temas con exemplos concretos.

`context()`
context()

🔎 O Dart que xa coñeces

  • extends StatelessWidget: creamos unha clase que herda de StatelessWidget, unha clase proporcionada por Flutter.
  • @override: escribimos a nosa propia versión do método build().
  • const MiAplicacion({super.key}): construtor constante cun parámetro nomeado que se pasa á superclase. key axuda a Flutter a identificar os widgets durante as actualizacións; polo de agora non necesitamos asignarlle ningún valor.
  • const: permite crear obxectos constantes cando os seus datos tamén o son. Non significa que toda a pantalla quede conxelada.
  • child: recibe un único widget fillo. Outros widgets poden recibir varios mediante children.

✏️ Fai o primeiro cambio

Cambia o título por IES San Mamede e a mensaxe por Ola, 2º DAM! Son Diego Rodicio.. Garda e aplica hot reload para ver o resultado. No seguinte apartado practicaremos algunha variación máis.

📚 Consulta: