Contido deste apartado:
🔥 Hot reload e hot restart
Coa aplicación en execución en modo de depuración:
| Acción | Que fai? | Cando probala? |
|---|---|---|
| Hot reload | Aplica moitos cambios no código e conserva o estado actual. Non volve executar main() nin initState(). | Ao cambiar textos, cores ou a composición da interface. |
| Hot restart | Reinicia a execución de Dart e perde o estado actual. | Cando necesitas repetir a inicialización ou o hot reload non aplica o cambio. |
| Deter e executar de novo | Reinicia a aplicación completa. | Tras cambios en código nativo ou certos plugins. |
Usa o botón de raio para hot reload ou busca Flutter: Hot Reload na paleta. Para reiniciar, busca Flutter: Hot Restart. O hot reload ao gardar depende da configuración do editor.
📚 Consulta:
⚡ Crear a estrutura dun widget
Escribe stless nun ficheiro Dart e acepta a suxestión. Xera a estrutura dun StatelessWidget; dálle un nome e completa o seu build().

O atallo stful crea un StatefulWidget coa súa clase State. Usarémolo no Tema 3.3.
🪄 Accións rápidas
Sitúa o cursor sobre un widget e preme Ctrl + . en Windows/Linux ou Cmd + . en macOS.
- Wrap with widget: envolve o widget noutro; por exemplo, un
TextnunCenter.

- Extract Widget: converte unha parte da interface nun widget propio. Practicarémolo no Tema 3.2.

🔎 Navegar polo código
- F2 / Bt dereito + Rename Symbol: cambia o nome dun elemento e actualiza as súas referencias.
- Ctrl + clic (Windows) / Cmd + clic (macOS): vai á definición dun elemento.
🛠️ Paneis útiles
- Problems: mostra os erros e avisos detectados no código.

- Flutter Outline: mostra a estrutura de widgets en forma de árbore, facilitando comprender e navegar pola interface.

Se a aplicación non compila, comeza polo primeiro erro do panel Problems: os seguintes poden ser consecuencia del.
📚 Consulta: