diegoRodicio

View Categories

📦 Coñecer pubspec.yaml

pubspec.yaml está na raíz do proxecto. É o ficheiro onde declaramos a configuración que necesita a aplicación.

Localización e contido do ficheiro pubspec.yaml
Localización e contido do ficheiro pubspec.yaml
PartePara que serve?
name, description, versionNome, descrición e versión do proxecto.
environmentVersións do SDK de Dart compatibles.
dependenciesPaquetes que utiliza a aplicación.
dev_dependenciesFerramentas de desenvolvemento e probas.
flutterConfiguración de recursos, como imaxes e fontes.

📌 YAML usa a sangría para organizar a información: emprega espazos, non tabulacións. Non dupliques unha sección que xa existe.

Despois de cambiar as dependencias, executa desde a raíz do proxecto:

flutter pub get

Este comando resolve e descarga as dependencias declaradas. Para o exemplo deste tema non necesitamos engadir ningún paquete. Traballaremos cos recursos cando usemos imaxes e instalaremos paquetes cando os necesitemos.

📚 Consulta: