---
title: 🧱 Widgets sen estado propio
description: "## 🧱 Widgets sen estado propio: `StatelessWidget` Utilizamos un `StatelessWidget` para describir unha interface cos datos que recibe, sen gardar estado mutable propio. - Non xestionan un estado interno que poida cambiar por si mesmo. - Son sinxelos de crear…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/flutter/tema-3-estado-callbacks/statelesswidget/"
updated: "2026-10-12"
category: Tema 3. Estado e callbacks
---

# 🧱 Widgets sen estado propio

## 🧱 Widgets sen estado propio: `StatelessWidget`

Utilizamos un `StatelessWidget` para describir unha interface cos datos que recibe, sen gardar estado mutable propio.

- Non xestionan un estado interno que poida cambiar por si mesmo.
- Son sinxelos de crear e utilizar.
- Permiten crear widgets propios combinando outros widgets máis sinxelos.
- Exemplos: `Text` (o texto non cambia a menos que lle pases un texto novo), `Icon` e `Container`.

> 💡 **Cando usalos?** Por exemplo, para mostrar unha pantalla de presentación, unha ficha informativa ou os datos dun perfil.

## 🧱 Describir a interface cos datos recibidos

Xa aprendemos a crear widgets propios no Tema 3.2. Neste exemplo, imos crear un widget chamado `PantallaPerfil` que mostra o nome dunha persoa e o centro educativo.
 Fíxate nos seguintes elementos do código:

- `class PantallaPerfil extends StatelessWidget`: crea un novo widget chamado `PantallaPerfil`.
- `nome`: permite indicarlle ao widget o nome da persoa que queremos mostrar. A palabra reservada `final` indica que o nome recibido non se pode substituír por outro dentro dese mesmo widget.
- `build`: é o método no que indicamos os elementos (widgets) que aparecerán na pantalla.
- `const`: permite crear widgets constantes, é dicir, widgets que se poden construír con valores fixos. Axuda a Flutter a optimizar o funcionamento da aplicación. Polo momento, non é necesario preocuparse por cando utilizalo, xa que non é obrigatorio na maioría dos casos.

> 🔗 DartPad:
>
>
>
> - [`https://dartpad.dev/?id=ec282ae985491316fbeaf35546a90ccb`](https://dartpad.dev/?id=ec282ae985491316fbeaf35546a90ccb).

[https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=ec282ae985491316fbeaf35546a90ccb](https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=ec282ae985491316fbeaf35546a90ccb)

![Mostrar un perfil cos datos recibidos por un StatelessWidget](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/stateless_exemplo.png)
Mostrar un perfil cos datos recibidos por un StatelessWidget

Neste exemplo, a aplicación mostra o nome **Diego Rodicio** porque é o valor que indicamos ao crear `PantallaPerfil`:

```dart
PantallaPerfil(nome: 'Diego Rodicio')
```

Se substituímos 'Diego Rodicio' por 'Rosa', a pantalla mostrará o novo nome. Isto permítenos reutilizar o mesmo widget para mostrar información de diferentes persoas.

> 💡 **Truco:** En VS Code podemos escribir `stless` para crear automaticamente a estrutura básica dun `StatelessWidget`.

![Crear un StatelessWidget co atallo stless de VS Code](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/stless.jpg)
Crear un StatelessWidget co atallo stless de VS Code

> 📚 Consulta:
>
>
>
> - [StatelessWidget → `https://api.flutter.dev/flutter/widgets/StatelessWidget-class.html`](https://api.flutter.dev/flutter/widgets/StatelessWidget-class.html).
