---
title: 🏗️ Estrutura da pantalla con Scaffold
description: "## 🏗️ A estrutura mínima dunha pantalla `MaterialApp` configura a aplicación. Dentro dela, `Scaffold` organiza unha pantalla co estilo Material. Para os exemplos deste tema necesitamos só dúas partes: | Parámetro | Que colocamos nel? | | --- | ---…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/flutter/tema-2-os-fundamentos-de-flutter-widgets/scaffold/"
updated: "2026-10-12"
category: Tema 2. Os fundamentos de Flutter. Widgets.
---

# 🏗️ Estrutura da pantalla con Scaffold

## 🏗️ A estrutura mínima dunha pantalla

`MaterialApp` configura a aplicación. Dentro dela, `Scaffold` organiza unha pantalla co estilo Material. Para os exemplos deste tema necesitamos só dúas partes:

| Parámetro | Que colocamos nel? |
| --- | --- |
| `appBar` | Unha `AppBar` co título da pantalla. |
| `body` | O widget que contén a parte principal da pantalla. |

Este fragmento pode devolverse desde o `build` da pantalla:

```dart
Scaffold(
  appBar: AppBar(title: const Text('IES San Mamede')),
  body: const Center(
    child: Text('Benvidos a 2º DAM'), // Contido principal da pantalla.
  ),
)
```

![Partes básicas de Scaffold: AppBar e body](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/scaffold.png)
Partes básicas de Scaffold: AppBar e body

Habitualmente usamos un `Scaffold` por pantalla; non outro dentro de cada tarxeta ou lista. No **Tema 3.4** veremos con detalle a barra superior, o botón flotante, os menús, a barra inferior, os paneis e os avisos.

> 📚 Consulta:
>
>
>
> - [Scaffold → `https://api.flutter.dev/flutter/material/Scaffold-class.html`](https://api.flutter.dev/flutter/material/Scaffold-class.html).
