---
title: 📦 Paquetes e fontes
description: "## 📦 Engadir funcionalidades cun paquete Un paquete contén código que podemos incorporar ao proxecto. Buscámolo en **[pub.dev](https://pub.dev)**, consultamos como se instala e importámolo onde o vaiamos usar. Imos probar `google_fonts`, que facilita o uso de fontes de Google Fonts.…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/flutter/tema-2-os-fundamentos-de-flutter-widgets/paquetes-e-fontes/"
updated: "2026-10-12"
category: Tema 2. Os fundamentos de Flutter. Widgets.
---

# 📦 Paquetes e fontes

## 📦 Engadir funcionalidades cun paquete

Un paquete contén código que podemos incorporar ao proxecto. Buscámolo en **[pub.dev](https://pub.dev)**, consultamos como se instala e importámolo onde o vaiamos usar.

Imos probar `google_fonts`, que facilita o uso de fontes de Google Fonts. Faremos esta práctica nun proxecto local de Flutter.

Desde a raíz do proxecto:

```bash
flutter pub add google_fonts
```

O comando engade a dependencia a `pubspec.yaml` e resolve as dependencias. Non necesitas copiar un número de versión dos apuntamentos. Se modificas as dependencias manualmente, executa `flutter pub get`.

## 🔤 Usar unha fonte

En `lib/main.dart`, engade o import xunto ao de Material:

```dart
import 'package:google_fonts/google_fonts.dart'; // Acceso ás fontes.
```

No `body` do `Scaffold`:

```dart
Center(
  child: Text(
    'IES San Mamede',
    style: GoogleFonts.lato(fontSize: 26), // Aplicamos a fonte Lato.
  ),
)
```

Aquí non poñemos `const` diante do `Text`: a chamada a `GoogleFonts.lato` calcula o estilo ao executar.

O paquete pode descargar a fonte a primeira vez que a necesita. Para usala sen depender da rede, podemos incluír os ficheiros da fonte como assets seguindo as instrucións do paquete.

> 📚 Consulta:
>
>
>
> - [google_fonts → `https://pub.dev/packages/google_fonts`](https://pub.dev/packages/google_fonts).

O proceso para engadir outros paquetes é o mesmo, aínda que algúns precisan configuración adicional. Nos temas de consulta atoparás `provider` no Tema 3.7 e `http` para peticións a servizos web no Tema 3.6. Non necesitamos instalalos para este exemplo.

> 📚 Consulta:
>
>
>
> - [Uso de paquetes → `https://docs.flutter.dev/packages-and-plugins/using-packages`](https://docs.flutter.dev/packages-and-plugins/using-packages).
