diegoRodicio

View Categories

🏗️ Estrutura da pantalla con Scaffold

🏗️ A estrutura mínima dunha pantalla

MaterialApp configura a aplicación. Dentro dela, Scaffold organiza unha pantalla co estilo Material. Para os exemplos deste tema necesitamos só dúas partes:

ParámetroQue colocamos nel?
appBarUnha AppBar co título da pantalla.
bodyO widget que contén a parte principal da pantalla.

Este fragmento pode devolverse desde o build da pantalla:

Scaffold(
  appBar: AppBar(title: const Text('IES San Mamede')),
  body: const Center(
    child: Text('Benvidos a 2º DAM'), // Contido principal da pantalla.
  ),
)

Partes básicas de Scaffold: AppBar e body
Partes básicas de Scaffold: AppBar e body

Habitualmente usamos un Scaffold por pantalla; non outro dentro de cada tarxeta ou lista. No Tema 3.4 veremos con detalle a barra superior, o botón flotante, os menús, a barra inferior, os paneis e os avisos.

📚 Consulta: