diegoRodicio

View Categories

▶️ Crear e executar o primeiro proxecto

🆕 Crear o proxecto en VS Code

Co SDK instalado:

  1. Abre a paleta de comandos e escolle Flutter: New Project.
  2. Selecciona Application.
  3. Escolle o cartafol onde gardas os proxectos e ponlle o nome primeira_app.
  4. Agarda a que remate a creación e abre lib/main.dart.

Tamén podes crealo desde a terminal:

flutter create primeira_app
cd primeira_app
code .

Usa minúsculas e guións baixos no nome do proxecto. code . abre o cartafol actual en VS Code; se ese comando non está dispoñible, ábreo desde o menú do editor.

Crear un proxecto desde a terminal e abrilo en VS Code
Crear un proxecto desde a terminal e abrilo en VS Code

🗂️ Ficheiros que debes localizar

Cartafoles e ficheiros dun proxecto Flutter
Cartafoles e ficheiros dun proxecto Flutter
LocalizaciónPara que serve?
lib/main.dartContén o punto de entrada e o código inicial da aplicación.
lib/Aquí escribiremos o código Dart.
pubspec.yamlConfigura o proxecto, os paquetes e os recursos.
android/, ios/, web/…Configuración específica de cada plataforma.
test/Probas da aplicación.

Para empezar traballaremos principalmente en lib/main.dart. Os cartafoles xerados poden variar segundo as plataformas habilitadas.

▶️ Executar a aplicación

  1. Inicia o emulador de Android ou o simulador de iOS que configuraches.
  2. En VS Code, preme no selector de dispositivo da barra inferior e escolle onde executar.
  3. Preme F5 para iniciar a aplicación en modo de depuración.
Seleccionar un emulador en VS Code
Seleccionar un emulador en VS Code

Executar a aplicación no emulador
Executar a aplicación no emulador

Tamén podes escoller Chrome se o tes instalado e aparece entre os dispositivos.

Seleccionar Chrome para executar a aplicación na web
Seleccionar Chrome para executar a aplicación na web

Desde a raíz do proxecto, a alternativa na terminal é:

flutter run

Se hai varios dispositivos, escolle un cando o solicite. Para executar directamente en Chrome:

flutter run -d chrome

A primeira execución pode tardar máis porque prepara e compila o proxecto. Unha vez aberta a aplicación, comproba que responde e pasa ao exemplo do seguinte apartado.

🔌 Probar nun móbil real

En Android, activa as opcións de desenvolvedor e a depuración USB. Conecta o móbil, autoriza a conexión e selecciónao en VS Code. En iOS tamén cómpre preparar o dispositivo e a sinatura desde Xcode.

📚 Consulta: