diegoRodicio

View Categories

➕ Botón de acción flotante

➕ Destacar unha acción

FloatingActionButton adoita reservarse para a acción principal da pantalla: crear, engadir ou iniciar unha tarefa. A súa forma depende do tema; non sempre é circular.

Localización do botón de acción flotante
Localización do botón de acción flotante

Colócase en floatingActionButton do Scaffold.

PropiedadePara que serve?
onPressedCallback que se executa ao premer.
childContido, normalmente unha icona.
tooltipTexto que explica a acción.
backgroundColor / foregroundColorCores do fondo e do contido.

📍 Escoller a posición

O parámetro floatingActionButtonLocation pertence a Scaffold, non ao botón.

ValorPosición
FloatingActionButtonLocation.endFloatAo final, normalmente abaixo á dereita.
FloatingActionButtonLocation.centerFloatCentrado na parte inferior.
FloatingActionButtonLocation.startFloatAo inicio, normalmente abaixo á esquerda.

As variantes centerDocked e endDocked poden integrarse cunha BottomAppBar; quedan como ampliación.

🧪 Exemplo completo

🔗 DartPad:

Consultar o titor desde un botón flotante
Consultar o titor desde un botón flotante

🏷️ Botón con etiqueta

Para mostrar tamén un texto, substitúe o botón anterior por:

FloatingActionButton.extended(
  onPressed: () => debugPrint('Titor: Diego Rodicio'),
  icon: const Icon(Icons.info),
  label: const Text('Consultar titor'), // Explica a acción sen depender da icona.
)

Botón flotante con icona e etiqueta Consultar titor
Botón flotante con icona e etiqueta Consultar titor

📚 Consulta: