pubspec.yaml está na raíz do proxecto. É o ficheiro onde declaramos a configuración que necesita a aplicación.

| Parte | Para que serve? |
|---|---|
name, description, version | Nome, descrición e versión do proxecto. |
environment | Versións do SDK de Dart compatibles. |
dependencies | Paquetes que utiliza a aplicación. |
dev_dependencies | Ferramentas de desenvolvemento e probas. |
flutter | Configuración de recursos, como imaxes e fontes. |
📌 YAML usa a sangría para organizar a información: emprega espazos, non tabulacións. Non dupliques unha sección que xa existe.
Despois de cambiar as dependencias, executa desde a raíz do proxecto:
flutter pub get
Este comando resolve e descarga as dependencias declaradas. Para o exemplo deste tema non necesitamos engadir ningún paquete. Traballaremos cos recursos cando usemos imaxes e instalaremos paquetes cando os necesitemos.
📚 Consulta: