diegoRodicio

View Categories

🛠️ Ferramentas básicas de VS Code

🔥 Hot reload e hot restart

Coa aplicación en execución en modo de depuración:

AcciónQue fai?Cando probala?
Hot reloadAplica moitos cambios no código e conserva o estado actual. Non volve executar main() nin initState().Ao cambiar textos, cores ou a composición da interface.
Hot restartReinicia a execución de Dart e perde o estado actual.Cando necesitas repetir a inicialización ou o hot reload non aplica o cambio.
Deter e executar de novoReinicia a aplicación completa.Tras cambios en código nativo ou certos plugins.

Usa o botón de raio para hot reload ou busca Flutter: Hot Reload na paleta. Para reiniciar, busca Flutter: Hot Restart. O hot reload ao gardar depende da configuración do editor.

📚 Consulta:

⚡ Crear a estrutura dun widget

Escribe stless nun ficheiro Dart e acepta a suxestión. Xera a estrutura dun StatelessWidget; dálle un nome e completa o seu build().

Crear un StatelessWidget co snippet stless
Crear un StatelessWidget co snippet stless

O atallo stful crea un StatefulWidget coa súa clase State. Usarémolo no Tema 3.3.

🪄 Accións rápidas

Sitúa o cursor sobre un widget e preme Ctrl + . en Windows/Linux ou Cmd + . en macOS.

  • Wrap with widget: envolve o widget noutro; por exemplo, un Text nun Center.
Envolver un widget nunha Column coa opción Wrap
Envolver un widget nunha Column coa opción Wrap
  • Extract Widget: converte unha parte da interface nun widget propio. Practicarémolo no Tema 3.2.
Extraer un widget coa opción Extract Widget
Extraer un widget coa opción Extract Widget

🔎 Navegar polo código

  • F2 / Bt dereito + Rename Symbol: cambia o nome dun elemento e actualiza as súas referencias.
  • Ctrl + clic (Windows) / Cmd + clic (macOS): vai á definición dun elemento.

🛠️ Paneis útiles

  • Problems: mostra os erros e avisos detectados no código.
Panel Problemas de VS Code
Panel Problemas de VS Code
  • Flutter Outline: mostra a estrutura de widgets en forma de árbore, facilitando comprender e navegar pola interface.
Explorar as clases e os métodos co panel Outline
Explorar as clases e os métodos co panel Outline

Se a aplicación non compila, comeza polo primeiro erro do panel Problems: os seguintes poden ser consecuencia del.

📚 Consulta: