A vista Label
(etiqueta) ten dous elementos en forma de icona e texto colocados un á beira do outro.
A imaxe:
- Pode ser calquera imaxe almacenada nos assets do proxecto
- Unha forma renderizada de SwiftUI
- Un símbolo SF, que é unha colección de máis de 1500 debuxos vectoriais dispoñibles para desenvolver aplicacións para plataformas de Apple. O conxunto completo de símbolos pódese buscar e navegar instalando a aplicación SF Symbols macOS dispoñible desde o seguinte URL: https://developer.apple.com/design/downloads/SF-Symbols.dmg
struct ContentView: View {
var body: some View {
VStack {
Label("Etiqueta cunha imaxe almacenada nos Assets do proxecto",image: "fotoPerfilDiego")
Label("Etiqueta con símbolo SF",systemImage: "person.circle.fill").font(.largeTitle)
Label(
title: {
Text("Etiqueta cun circulo")
},
icon: {
Circle()
.fill(Color.blue)
.frame(width: 25, height: 25)
}
).font(.largeTitle)
}
}
}
