Ao crear un novo proxecto, Xcode ofrece a opción de crear unha interface de usuario baseada en Storyboard ou SwiftUI.
Ao crear un proxecto SwiftUI, Xcode aparece e compórtase de maneira significativamente diferente ao deseñar a interface de usuario para un proxecto de aplicación en comparación con UlKit.
Cando traballes en modo SwiftUI, a maior parte do teu tempo estarás no editor de código.
Creando un proxecto #
Para crear un novo proxecto con SwiftUI, abrimos Xcode e seguimos os seguintes pasos:
- Pulsamos en crear un novo proxecto
- Na seguinte fiestra, seleccionamos IOS
- Prememos en App
A continuación:
- Pomos o nome do proxecto
- Escollemos a conta de desarrollador de Apple que vamos a empregar. Se non hai ningunha, a engadimos e iniciamos sesión
- Pomos o identificador da organización. Normalmente é a URL da organización ao revés (no noso caso, como a URL é iessanmamede.com, empregaremos o identificador com.iessanmamede). Isto empregase en varias situacións, pero sobre todo para identificar a app cando estea publicada na App Store
- Seleccionamos SwiftUI como para desenvolver a interface
- Seleccionamos Swift como linguaxe de programación
Finalmente, logo de esperar un anaco para que xenere a vista previa do proxecto, visualizamos a pantalla de Xcode co novo proxecto creado:
Carpetas e arquivos do proxecto #
Na imaxe tedes a estrutura típica de cartafoles que crea Xcode cando creamos un proxecto novo para SwiftUI (segundo explico no punto anterior).
Pódense engadir cartafoles adicionais.
Arquivo principal do proxecto #
O arquivo principal, no proxecto do exemplo é ProbaProxectoApp.swift
contén a declaración do obxecto App como se describe na introdución, no punto «Xerarquía dunha aplicación SwiftUI»:
Tal como vemos na imaxe, a declaración devolve unha escena (Scene
) –liña 12
– que consiste nun WindowGroup
–liña 13
– que contén a vista definida no arquivo ContentView.swift
–liña 14
– (explicado no seguinte punto).
Ten en conta que a declaración ten o prefixo @main -liña 10-: isto indica a SwiftUl que este é o punto de entrada para a aplicación cando se inicia nun dispositivo
ContentView.swift #
Este é un arquivo que contén o contido da primeira pantalla que aparece cando se inicia a aplicación.
Este arquivo e outros similares son onde se realiza a maior parte do traballo cando se desenvolven aplicacións en SwiftUl. De forma predeterminada, contén unha soa vista de texto que mostra as palabras «Ola, mundo!»
Assets #
O cartafol Assets.xcassets
contén o catálogo de activos que se utiliza para almacenar os recursos utilizados pola aplicación, como imaxes, iconas e cores.