diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

View Categories

Antes de comezar

Antes de continuar, é conveniente ter claro os seguintes conceptos:

  • No tema “2.2 Swift avanzado”:
    • Os peches ou clousure en inglés.
  • No tema “2.3 Orientación a obxectos en Swift”:
    • No apartado de propiedades, explico as propiedades calculadas de solo lectura
    • Explico que é e como se emprega un protocolo en Swift (protocol)
    • Xusto despois dos protocolos, explico os tipos de devolución opacos (some)

Un paso crave para aprender a desenvolver aplicacións usando SwiftUI é aprender a declarar os deseños da interface de usuario tanto facendo uso das vistas SwiftUl integradas como construíndo as túas propias vistas personalizadas.

Neste punto veremos:

  • Os conceptos básicos das vistas SwiftUl
  • Empregar as vistas por defecto de SwiftUI
  • Personalizar e modificar a aparencia e o comportamento das vistas por defecto.