Pódense engadir vistas adicionais a unha vista principal colocándoas no body (liña 5), aínda que como veremos neste punto, non o faremos así xa que ocasiona un problema:
struct Content View: View {
var body: some View {
Text (Hello, world!")
.padding()
Text("Adiós amigo, adiós la luz!")
}
}
Pero, agregar unha vista adicional como fixemos no exemplo, fai que Xcode cre unha segunda vista previa que conteña só o «Adiós amigo, adiós la luz!»

Stacks (contedores): Forma correcta de engadir vistas
Para engadir correctamente vistas adicionais, esas vistas deben colocarse nunha vista de contedor.
Unha vista de contedor agrupa visualmente varias vistas (campos de texto, botóns,…)
Por tanto, o exemplo anterior podería modificarse para colocar as dúas vistas de texto nunha vista de pila ou contedor vertical (VStack) que, como suxire o nome, coloca as vistas verticalmente:
struct Content View: View {
var body: some View {
VStack{
Text (Hello, world!")
.padding()
Text("Adiós amigo, adiós la luz!")
}
}
}

Máis info no seguinte tema: Tipos de view → Stacks (contedores)
Concatenación de vistas
Unha excepción notable ao requisito de que se integren varias vistas nun contedor é que varias vistas de texto conten como unha soa vista cando se concatenan.
Por tanto, a seguinte é unha declaración de vista válida:
struct Content View: View {
var body: some View {
Text("Adiós amigo")+Text(",")+Text("adiós la luz!")
}
}

return
Nos exemplos anteriores a propiedade body non ten unha declaración de devolución (return).
Isto débese a que o peche contén unha soa expresión, polo que non fai falta unha declaración de devolución con return (NOTA: os peches están explicados no tema de Swift avanzado).
Con todo, tan pronto como se agreguen expresións adicionais ao peche, será necesario agregar unha declaración de devolución con return, por exemplo:
struct Content View: View {
@State var arquivoAberto: bool = true
var body: some View {
if (arquivoAberto) { ... }
return VStack {
Text("Adiós amigo")+Text(",")+Text("adiós la luz!")
}
}
}