En Swift podemos crear os nosos propios tipos usando Clases ou Estruturas. Dentro da Librería Standard de Swift xa temos varios tipos que vimos e usamos, por exemplo Array, Dictionary, String, Int, …etc.
A parte de ter estes tipos, nós podemos crear os nosos propios tipos,.
Dentro dunha Class ou Struct podemos crear:
- Propiedades
- Métodos
As propiedades son variables ou constantes que usamos dentro dunha Class ou Struct para almacenar un valor (gardar un estado) e os métodos son funcións que creamos dentro dunha Class ou Struct para modificar o estado da propiedades ou realizar outra tarefa.
Dentro dun tipo podemos crear todas as propiedades e métodos que queiramos, o ideal é crealos agrupándoos segundo unha mesma responsabilidade.