Números #
Os enteiros son números sen compoñente fraccionario, como 42
e -23
.
Os números enteiros poden ter signo (positivo, cero, ou negativo) ou non telo (positivo ou cero).
Swift proporciona enteiros con e sen signo en diversos formatos: 8, 16, 32 e 64 bits. Un enteiro sen signo de 8 bits é de tipo UInt8
e un enteiro de 32 bits con signo é de tipo Int32
.
Como todos os tipos en Swift, estes tipos enteiros teñen nomes en maiúscula.
Límites #
É posible acceder aos valores mínimos e máximos de cada tipo de enteiro mediante as propiedades min
e max
:
let valorMinimo = UInt8.min // valorMinimo é igual a 0 e é de tipo UInt8
let valorMaximo = UInt8.max // valorMaximo é igual a 255 e é de tipo UInt8
Int #
Na maioría dos casos, non terás que elixir un tamaño de número enteiro para usar no teu código.
Swift proporciona un tipo de enteiro adicional, Int
, que ten o mesmo tamaño que o da plataforma na que se traballa:
- Nunha plataforma de 32 bits, Int ten o mesmo tamaño que
Int32
. - Nunha plataforma de 64 bits, Int ten o mesmo tamaño que
Int64
.
A menos que teñas que traballar cun tamaño específico de enteiro, usa sempre Int
para valores enteiros no teu código
let valorMinimo: Int = 5 //Número de tipo Int
let valorMaximo = 34 //Número de tipo Int (inferido)
UInt #
Swift tamén proporciona un tipo de número enteiro sen signo, UInt
, que ten o mesmo tamaño que o da plataforma na que se traballa:
- Nunha plataforma de 32 bits, UInt ten o mesmo tamaño que
UInt32
. - Nunha plataforma de 64 bits, UInt ten o mesmo tamaño que
UInt64
.
let valorMinimo: UInt = 5 //Número de tipo UInt
valorMinimo = -34 //Erro: os números UInt so poden ter signo +
Números reais – Números en punto flotante #
Os números de punto flotante son números cun compoñente fraccionario, como 3.14159, 0.1, e -273.15.
Os tipos de punto flotante poden representar un rango de valores moito máis amplo que os tipos enteiros e poden almacenar números que son moito máis grandes ou máis pequenos que os que se poden almacenar nun Int
.
Swift proporciona dous tipos de números de punto flotante con signo:
Double
representa un número de punto flotante de 64 bits.Float
representa un número de punto flotante de 32 bits.
let numPi: Double = 3.1416 //Número de tipo Double
let numPi2 = 3.1416 //Número de tipo Double
let numPi3:Float = 3.1416 //Número de tipo Float
Conversión de números enteiros e de punto flotante #
As conversións entre tipos numéricos enteiros e de reais deben facerse de maneira explícita:
let tres = 3
let puntoUnoCuatroUnoCincoNueve = 0.14159
let pi = Double(tres) + puntoUnoCuatroUnoCincoNueve // pi éigual a 3.14159, e infirese que é de tipo Double
let piEntero = Int(pi) // piEntero é igual a 3, e infirese que é de tipo Int
Booleanos #
Swift ten un tipo booleano básico, chamado Bool
.
Os valores booleanos coñéceselles como lóxicos porque só poden ser verdadeiros ou falsos.
Swift proporciona dous valores constantes booleanos: true
e false
:
let naranjasSonAnaranjadas = true
let verdurasSonDeliciosas = false
Condicionais #
Os valores booleanos son particularmente útiles cando se traballa con instrucións condicionais como a instrución if
:
if verdurasSonDeliciosas {
print("¡Mmm, deliciosas verduras!")
}
else {
print("Guac, las verduras son horribles.")
}
//Imprime "Guac, las verduras son horribles."