diegoRodicio

View Categories

📚 Engadir e usar paquetes externos (pub.dev)

Tempo de lectura estimado: 1 minutos

Flutter e Dart teñen un vasto ecosistema de paquetes (librarías) desenvolvidos pola comunidade. Podes atopar estes paquetes no repositorio oficial pub.dev. Para usalos no teu proxecto, debes declaralos no pubspec.yaml.

pub.dev é o almacén central de paquetes para Dart e Flutter. Para usar un paquete, engádese á sección dependencies: do pubspec.yaml e despois execútase flutter pub get.

Exemplo práctico: Engadir o paquete provider

Imos engadir un paquete moi útil para a xestión de estado en Flutter, chamado provider. Vamos a partir do primeiro proxecto creado en Flutter en anteriores seccións, que de momento non ten modificacións.

Buscamos o paquete en pub.dev:

Abre o teu navegador e vai a https://pub.dev/packages/provider.
Na páxina do paquete, verás a pestana «Installing«. Fai clic nela. Alí atoparás a liña que debes executar nun terminal dentro da carpeta do teu proxecto:

Copia ou executa o comando que aparece en “Installing”: flutter pub add

Tal como dixen no punto anterior, dentro da carpeta do proxecto, executa o seguinte comando:

flutter pub add provider

Podes ver como o fixen eu na seguinte imaxen:

Na imaxe podes ver como executo os seguinte comando no terminal:

  • pwd: Visualiza a ruta da carpeta onde estou. Podes ver que estou na carpeta do proxecto, que no meu caso é: /Volumes/Documentos/Piza/Documents/Docencia/PMDM/Exemplos - Flutter/Exemplos dos apuntes/primeiro_proxecto_flutter
  • ‌flutter pub add provider: Executo o comando para engadir o paquete provider. Danos unha serie de advertencias debido a que temos paquetes con versións novas que son incompatibles coas dependencias actuais. É un warning, o paquete engadiuse correctamente.

ℹ️ Nota: Se ves advertencias sobre paquetes transitivos, non te preocupes: non son erros e o paquete provider engadiuse correctamente.

Verifica que se engadiu o paquete en pubspec.yaml

Ao executar ‌flutter pub add provider, automaticamente engade o paquete ao arquivo pubspec.yaml.

Por si aconteceu un erro, debemos verificar que, efectivamente, se engadiu o paquete na sección dependencies::

Usamos o paquete no código

Agora que o paquete está dispoñible, podes importalo e usalo nos teus ficheiros .dart. Podes ver como importar un paquete, na páxina do mesmo en pub.dev. Así, no caso do paquete provider está no punto número 4:

Así, por exemplo, se queremos empregar o paquete provider no main do proxecto:

  • Abre o ficheiro lib/main.dart no teu proxecto.
  • Na parte superior do ficheiro, engade a liña import para o paquete provider:
import 'package:flutter/material.dart';
import 'package:provider/provider.dart'; // <--- Engade esta liña

void main() {
  runApp(const MyApp());
}
// ... o resto do código do proxecto de exemplo ...

Agora podes usar as clases e funcións do paquete provider no teu código sen problemas.

🔗 Exemplos de paquetes populares:

🔗 Para saber máis