Flutter e Dart teñen un vasto ecosistema de paquetes (librarías) desenvolvidos pola comunidade. Podes atopar estes paquetes no repositorio oficial pub.dev. Para usalos no teu proxecto, debes declaralos no pubspec.yaml.
pub.dev é o almacén central de paquetes para Dart e Flutter. Para usar un paquete, engádese á sección
dependencies:dopubspec.yamle despois execútaseflutter pub get.
Exemplo práctico: Engadir o paquete provider
Imos engadir un paquete moi útil para a xestión de estado en Flutter, chamado provider. Vamos a partir do primeiro proxecto creado en Flutter en anteriores seccións, que de momento non ten modificacións.
Buscamos o paquete en pub.dev:
Abre o teu navegador e vai a https://pub.dev/packages/provider.
Na páxina do paquete, verás a pestana «Installing«. Fai clic nela. Alí atoparás a liña que debes executar nun terminal dentro da carpeta do teu proxecto:

Copia ou executa o comando que aparece en “Installing”: flutter pub add
Tal como dixen no punto anterior, dentro da carpeta do proxecto, executa o seguinte comando:
flutter pub add provider
Podes ver como o fixen eu na seguinte imaxen:

Na imaxe podes ver como executo os seguinte comando no terminal:
pwd: Visualiza a ruta da carpeta onde estou. Podes ver que estou na carpeta do proxecto, que no meu caso é:/Volumes/Documentos/Piza/Documents/Docencia/PMDM/Exemplos - Flutter/Exemplos dos apuntes/primeiro_proxecto_flutterflutter pub add provider: Executo o comando para engadir o paqueteprovider. Danos unha serie de advertencias debido a que temos paquetes con versións novas que son incompatibles coas dependencias actuais. É un warning, o paquete engadiuse correctamente.
ℹ️ Nota: Se ves advertencias sobre paquetes transitivos, non te preocupes: non son erros e o paquete
providerengadiuse correctamente.
Verifica que se engadiu o paquete en pubspec.yaml
Ao executar flutter pub add provider, automaticamente engade o paquete ao arquivo pubspec.yaml.
Por si aconteceu un erro, debemos verificar que, efectivamente, se engadiu o paquete na sección
dependencies::

Usamos o paquete no código
Agora que o paquete está dispoñible, podes importalo e usalo nos teus ficheiros .dart. Podes ver como importar un paquete, na páxina do mesmo en pub.dev. Así, no caso do paquete provider está no punto número 4:

Así, por exemplo, se queremos empregar o paquete provider no main do proxecto:
- Abre o ficheiro
lib/main.dartno teu proxecto. - Na parte superior do ficheiro, engade a liña
importpara o paquete provider:
import 'package:flutter/material.dart';
import 'package:provider/provider.dart'; // <--- Engade esta liña
void main() {
runApp(const MyApp());
}
// ... o resto do código do proxecto de exemplo ...
Agora podes usar as clases e funcións do paquete provider no teu código sen problemas.

🔗 Exemplos de paquetes populares:
http: para peticións HTTP.provider: xestión de estado.google_fonts: fontes de Google.
