Introdución #
Un dos principais inconvenientes para desenvolver apps iOS de forma nativa é a necesidade dun equipo informático con sistema operativos macOS (aínda que é posible realizar algunhas partes do desenvolvemento noutros sistemas operativos).

O segundo elemento que necesitaremos é o IDE de desenvolvemento Xcode, dispoñible únicamente para Mac OS, e que poderemos descargar de xeito gratuíto empregando una conta AppleID.
macOS #
Estas son as opcións para dispoñer de Mac OS:
- Un ordenador Apple con macOS.
- Un servizo de acceso remoto a un ordenador Apple con Mac OS
- Unha virtualización de Mac OS con VirtualBox ou VMWare (soamente para uso didáctico)
Nos empregaremos unha virtualización de macOS. O rendemento obtido no caso da virtualización vai a depender:- Do hardware anfitrión do ordenador onde instalemos a máquina virtual.
- Dos recursos asignados á máquina virtual.
Debemos ter en conta que o IDE é bastante esixente cando construímos as interfaces e ademais temos que virtualizar o dispositivo móbil dentro dun sistema operativo xa virtualizado.
Licencia de desarrollador de Apple #
Cando queres publicar as túas aplicacións necesitas ter unha conta de desarrollador en Apple. Tamén é necesaria esta conta para a instalación de Xcode, o IDE necesario para a programación de apps para iOS
Moitas persoas cren que o que debemos facer desde un principio é adquirir unha subscrición ao Apple Developer Program de pago, pero, en realidade, o que se que necesitamos cando empezamos co desenvolvemento iOS é crear unha conta gratuíta de desarrollador de Apple para poder acceder á documentación e tamén para poder descargar o software, neste caso XCode
Xcode #
O segundo elemento que necesitaremos é o IDE de desenvolvemento Xcode, dispoñible unicamente para Mac OS, e que poderemos descargar de xeito gratuíto empregando una conta AppleID.

A versión de macOS que empreguemos condiciona a versión de Xcode así como a de iOS á que va destinada a app que desenvolvamos. Na seguinte táboa móstranse as versións mínimas de compatibilidade entre iOS, macOS e Xcode.
Ano | iOS | macOS | Xcode | Swift |
---|---|---|---|---|
2013 | 7 | 10.8 – Mountain Lion | 5 | |
2014 | 8 | 10.9 – Mavericks | 6 | 1 |
2015 | 9 | 10.10 – Yosemite | 7 | 2 |
2016 | 10 | 10.11 – El Capitan | 8 | 3 |
2017 | 11 | 10.12 – Sierra | 9 | 4 |
2018 | 12 | 10.13 – High Sierra | 10 | 4.2 |
2019 | 13 | 10.14 – Mojave | 11 | 5 |
2020 | 14 | 11 – Big Sur | 12 | 5.2 |
2021 | 15 | 12 – Monterey | 13 | 5.5 |
2022 | 16 | 13 – Ventura | 14 | 5.7 |
2023 | 17 | 14 – Sonoma | 15 | 5.8 |
2024 | 18 | 15 – Sequoia | 16 | 6 |