Introdución #
Xcode é o IDE de desenvolvemento software de Apple. Actualmente integra todos os elementos necesarios para o ciclo de desenvolvemento completo dunha app.
Descargar e instalar Xcode é sinxelo empregando a AppStore do sistema macOS.
- A descarga é gratuíta e necesitaremos unha conta AppleID.
- A versión 14 de Xcode, que é a versión estable dispoñible no momento de elaborar este material, é a que empregaremos durante o curso.
Xcode #
Outras ligazóns… #
Para as ligazóns mostradas a continuación é necesario que a conta appleID sexa activada como desenvolvedor. Ao entrar nas ligazóns máis abaixo, o usuario é preguntado para unirse ao programa gratuito para desenvolvedores.
Máis info -páxina oficial-: Como activar un appleID como desenvolvedor – https://developer.apple.com/es/support/app-account/
- Na seguinte ligazón é posible descargar a última versión de Xcode (tamén é posible facelo dende a AppStore, como comentei anteriormente): https://developer.apple.com/download/ (necesario conta Apple ID de desarrollador)
- Na seguinte ligazón están dispoñibles tódalas versións de Xcode para descarga: https://developer.apple.com/download/more/ (necesario conta Apple ID de desenvolvedor)
- Nesta outra ligazón hai unha táboa que sintetiza tódalas versións de Xcode coa ligazón con Apple para descarga: https://xcodereleases.com (necesario conta Apple ID de desenvolvedor)
Instalación #
Instalar dende arquivo #
Na seguinte ligazón están dispoñibles tódalas versións de Xcode para descarga: https://developer.apple.com/download/more/ (necesario conta Apple ID de desenvolvedor):
- Descarga a última versión de Xcode
- Unha vez descargado, este está comprimido. Fai clic no arquivo descargado (estará na carpeta descargas) dende o Finder de macOS (explorador de arquivos)
- Unha vez descomprimido, arrastra o arquivo ata a carpeta de aplicacións
Descargar dende a tenda de aplicacións Mac Store #
A mellor maneira de obter as últimas versións de Xcode e o iOS SDK é descargándoas desde Apple Mac Store (a tenda de aplicacións).
- Inicia a App Store no macOS
- Pon «Xcode» no cadro de procura
- Fai clic en Obter botón para iniciar a instalación.
Isto instalará tanto Xcode como o SDK de iOS.
Primeira apertura #
Introdución #
Unha vez instalado con éxito o SDK e Xcode, o seguinte paso é executalo.
- Para iniciar Xcode, abrimos macOS Finder e nas aplicacións (1) buscamos Xcode e facemos clic no icono no icono (2).
- Para que sexa máis fácil a súa apertura, no icono de Xcode que aparece na barra Dock (3), pulsamos sobre el co botón dereito, e en «Opciones» prememos «Mantener en el Dock»:
A primeira vez que se executa Xcode, é posible que nos pida que instalemos compoñentes adicionais. Seguimos estes pasos, ingresando o nome de usuario e contrasinal cando se solicite.
Unha vez que se cargou Xcode, aparecerá a pantalla de Benvida desde a cal estaremos listo para continuar:
Principais elementos #
1 – Editor #
Editor de código con soporte para Swift, Objetive-C, C++ y C:
2 – Constructor de interfaces #
Permite o deseño e implementación da interface dunha app sen necesidade de empregar código. Anteriormente as interfaces se programaban con framework UIKit, para o que se empregaba o constructor de interfaces que vemos na imaxe inferior.
Nos vamos a programar a interface mediante o framewordk SwiftUI (máis moderno e eficiente ca UIKit), que non se emprega o constructor de interfaces.
3 – Emulador #
Emulador de dispositivos con todos os modelos de iPhone e iPad dispoñibles.
4 – Depurador #
Depurador de código:
5 – Playground #
Ferramenta de probas Playground para prototipos de código:
6 – Máis elementos #
- Motor de probas que permite a execución de probas unitarias, probas de interface e probas de rendemento en dispositivos físicos.
- SDK de iOS que inclúe tódalas librerías e frameworks necesarias para crear as apps.
- Integración con repositorios GitHub, Bitbucket y GitLab para traballo colaborativo.
SDK #
Existen dous elementos necesarios para desenvolver unha app nativa iOS:
- Linguaxe de programación: Swift (anteriormente empregábase Objetive-C)
- Kit de desenvolvemento de software: SDK de iOS
O SDK (kit de desenvolvemento de software) de iOS está formado por un conxunto de compoñentes que empregamos para crear a nosa app iOS.
O SDK de iOS está estructurado en frameworks ou kits específicos segundo a súa funcionalidade. Nesta ligazón está dispoñible a documentación do SDK de iOS
Swift como linguaxe non permite desenvolver apps para iOS se non dispoñemos do SDK. Ambos elementos están incluidos en Xcode.
Durante este curso empregaremos algunhas das frameworks, como: SwiftUI, imprescindible para crear a interface.