diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Introdución #

Cando queres publicar as túas aplicacións necesitas ter unha conta de desarrollador en Apple e/o en Android. Dependendo das tendas nas que queiras publicar a túa app, en Android, en iOS ou en ambas.

Neste punto tratarei de explicar como crear unha conta de Desarrollador de Apple (Apple Developer Program).

Moitas persoas cren que o que debemos facer desde un principio é adquirir unha subscrición ao Apple Developer Program de pago, pero, en realidade, o que se que necesitamos cando empezamos co desenvolvemento iOS é crear unha conta gratuíta de desarrollador de Apple para poder acceder á documentación e tamén para poder descargar o software, neste caso XCode

Conta gratuíta de desarrollador Apple #

Contar cunha conta de desarrollador de Apple é todo o que inicialmente necesitamos para empezar no mundo da programación iOS.

A conta gratuíta vai a permitir:

  • Descargar as ferramentas de desenvolvemento
  • Acceder a toda a documentación de Apple e os vídeos das diferentes WWDC
  • Probar as nosas apps nos nosos propios dispositivos físicos
  • Acceder aos foros de desenvolvemento
  • Facer uso da ferramenta bug reporter, á cal temos acceso desde o noso panel de control e que , como o seu nome indica, vai permitir reportar erros que atopemos nas nosas ferramentas de desenvolvemento, basicamente XCode.

Temos que ter en conta que cunha conta gratuíta de desarrollador non imos poder facer uso de certas funcionalidades, por exemplo probar as compras integradas (in app purchases) acceso a certos frameworks e por suposto distribuír as nosas apps no App Store.

Programa de desarrolladores (Apple Developer Program) #

Chegará o momento no que quereremos utilizar certos frameworks de desenvolvemento, acceder a certas funcionalidades e o máis importante, querer distribuír as nosas aplicacións no App Store. Para todos estes temas necesitaremos obrigatoriamente unirnos ao programa de desarrolladores de Apple.

Para facelo podemos acceder tanto desde dentro da nosa conta de desarrollador (de pago), como desde https://developer.apple.com/programs/

O programa de desarrolladores:

  • Ten un coste anual de 99€
  • Permítenos subir as nosas app á App Store (tenda de aplicacións de Apple) durante todo o ano que dura a licencia (a renovación da licencia é anual)
  • Acceso ás betas de iOS, macOS e iPadOS
  • Soporte técnico

Crear unha conta gratuíta #

Introdución #

Para crear a nosa conta gratuíta de desarrollador de Apple debemos contar cun AppleeId. Se temos calquera dispositivo Apple, iPhone, iPad, AppleTV etc, probablemente xa teremos unha coa que teremos rexistrados os nosos dispositivos. Con este AppleID poderemos crear a nosa conta de desarrollador de forma totalmente gratuíta.

O primeiro que debemos facer é dirixirnos https://developer.apple.com/ e unha vez no portal de desarrolladores de Apple.

Na páxina, pulsamos en «Account»:

  • Se xa temos AppleId, accedemos coa dirección de correo e contrasinal da mesma.
  • Se non temos AppleId creamos unha, pulsando na opciòn de «Crear un ID de Apple». Unha vez creado, volvemos a esta mesma páxina e nos identificamos co noso novo AppleId
    Unha vez introducido o noso AppleId, e tras aceptar os termos legais de Apple, xa teremos lista para usar a nosa conta de Desarrollador de Apple, coa cal poderemos descargarnos as ferramentas de desenvolvemento de Apple, acceder a toda a documentación e empezar a desenvolver apps.

É un proceso realmente rápido e sinxelo e en poucos minutos estaremos a gozar de todas as opcións que nos ofrece Apple no seu portal de desarrolladores 🙂

Programa de desarrolladores (Apple Developer Program) #

Para crear unha conta de desarroladores podemos acceder tanto desde dentro da nosa conta de desarrollador (visto na sección anterior), como desde https://developer.apple.com/programs/

Tipos de programa #

Cando queremos acceder ao Apple Developer Program, ofrécenos dúas opcións.

  • Como individuo ou persona individual (99€ ao ano) -Apple Develoveper Program-
  • Como empresa (299€ ao ano) – Apple Develoveper Enterprise Program -.
    No caso que contemos cunha empresa é aconsellable facelo como empresa, xa que desta forma aparecerá o nome da nosa compañía no App Store xunto ao nome das nosas apps. En caso contrario, se seleccionamos a opción «individual» aparecerá o noso nome, tal e como o teñamos rexistrado sen poder engadir ningún tipo de nome comercial.

Unha vez elixísemos de que forma querédevos unirnos ao Apple Developer Program, simplemente faremos click no botón Enroll e permitiranos introducir toda a nosa información, para finalmente proceder ao pago da nosa subscrición anual.

É moi importante ter en conta que a subscrición ao programa de desarrolladores de Apple ten un custo anual, co que se temos aplicacións publicadas no App Store e deixamos de renovar a devandita subscrición, todas nosas apps desaparecerán do App Store ata que volvamos renovar a subscrición.

Share Your Valuable Opinions