Antes de comezar… #
A primeira pregunta que podemos facernos é que entendemos por «móbil»?
Se se nos ocorre investigar sobre ese termo, a través dalgún buscador da internet, poderemos observar que non hai unha resposta única e que nalgunhas ocasións as diferenzas poden ser substanciais en función de que é o que consideremos «móbil».
Imos tentar dar unha definición coa que traballaremos ao longo do desenvolvemento do módulo
Que é un dispositivo móbil? #
Trátase dun aparello:
- De pequeno tamaño (normalmente que caiba nun peto)
- De pouco peso
- Con pantalla e teclado
- Con pequenas capacidades de procesamento
- Memoria limitada
- Conexión (permanente ou non) a unha rede.
Este tipo de dispositivos están deseñados para cumprir algún tipo de función específica (realizar chamadas telefónicas, servir como axendas, xogar, navegación GPS, escoitar música, acceso ao correo electrónico, navegar por Internet, etc.) aínda que normalmente poden levar a cabo tamén funcións máis xerais.
Estes aparellos son cada vez máis populares especialmente para aquelas contornas nos que levar consigo un computador convencional (incluso un portátil) non é práctico.