📱 Recoñecer o Dart dun widget
Este exemplo é unha pequena ponte ao tema seguinte. Non tes que aprender agora como funciona Flutter: imos identificar a sintaxe de Dart que xa coñecemos.
📌 Este bloque require Flutter. En DartPad escolle un exemplo de Flutter antes de pegalo; non funciona como un programa de consola de Dart.
🔗 Ver o código en DartPad — https://dartpad.dev/?id=5f6b8f6a50cd06aeb3559fa70f00939a
| O que aparece | O que xa sabes de Dart |
|---|---|
extends StatelessWidget | Herdamos dunha clase. |
final String nome | Un atributo que non se pode reasignar. |
{required this.nome} | Recibimos un argumento nomeado e inicializamos o atributo. |
super.key | Pasamos un parámetro ao construtor da superclase. |
const SaudoProfesor(...) | Un construtor que permite obxectos constantes. |
@override | Escribimos a nosa versión dun método herdado. |
Widget build(...) | Un método que recibe un parámetro e devolve un obxecto. |
Center(child: Text(...)) | Un obxecto recibe outro como argumento. |
Widget e BuildContext son tipos de Flutter, como Profesor é un tipo definido por nós. O significado de build, key e do contexto explicarémolo no seguinte tema.
📌 Non chamamos a
build()nós neste exemplo: Flutter encárgase de facelo cando corresponde. Un widget inmutable non significa unha pantalla que nunca cambia. TantoStatelessWidgetcomoStatefulWidgetson inmutables; nos segundos, os datos mutables gárdanse nun obxectoStateseparado.🔗 Introdución aos widgets — https://docs.flutter.dev/ui · StatefulWidget e o seu estado — https://api.flutter.dev/flutter/widgets/StatefulWidget-class.html