diegoRodicio

View Categories

🧪 Exemplo final: persoas do instituto

Tempo de lectura estimado: < 1 minutos

🧪 Exemplo final: persoas do IES San Mamede

Imos xuntar as ideas principais cun exemplo próximo: un profesor e unha alumna do centro.

  • PersoaCentro é abstracta: reúne os datos e comportamentos comúns.
  • Profesor e Alumno herdan dela e implementan a súa propia presentación.
  • Usamos construtores, super, @override, un getter e un setter.
  • Unha lista de PersoaCentro permite tratar profesores e alumnado xuntos: iso é polimorfismo.

A composición, os callbacks e a sobrecarga de operadores teñen exemplos propios nos apartados anteriores. Os mixins quedan en «Para saber máis».

🔗 Ver o código en DartPad — https://dartpad.dev/?id=c741d71a96e6001e827b4e51aa60f535

🔍 Que debes observar?

Ao percorrer a lista, presentarse() imprime unha mensaxe distinta para o profesor e para a alumna. Non necesitamos preguntar de que tipo é cada obxecto: cada un sabe executar a súa versión.

O setter úsase como unha asignación normal (alumna.nota = 8), pero executa a nosa comprobación antes de gardar o valor. Cando intentamos asignar 12, lanza un erro e conserva a nota anterior.

📌 Dentro deste mesmo ficheiro poderiamos acceder a _nota, porque a privacidade de Dart é por biblioteca. No exemplo usamos nota para pasar polo getter e polo setter.