diegoRodicio

View Categories

3. Limitacións das tecnoloxías móbiles

Tempo de lectura estimado: 2 minutos

Contido deste apartado:

Antes de comezar a desenvolver software para algún destes dispositivos, é necesario ser conscientes das limitacións coas que nos podemos atopar nestes aparellos. Cales son as restricións ás que nos imos a ter que enfrontar?

Limitacións

Algunhas destas restricións son:

  • Subministración de enerxía limitada (normalmente dependente de baterías).
  • Necesidade de equilibrar rendemento, consumo de enerxía e temperatura do dispositivo.
  • Memoria e capacidade de procesamento moi diferentes segundo a antigüidade e a gama do dispositivo.
  • Conexión á rede intermitente, con velocidade e latencia variables ou cun custo asociado ao consumo de datos.
  • Pantallas de dimensións, orientacións, densidades e formatos moi variados.
  • Interacción principalmente táctil, menos precisa que a realizada cun rato, e ausencia habitual dun teclado físico.
  • Interrupcións frecuentes causadas por chamadas, notificacións, cambios de aplicación ou bloqueos da pantalla.
  • Restricións á execución de tarefas en segundo plano impostas polo sistema operativo para aforrar enerxía e protexer a privacidade.
  • Necesidade de solicitar permisos para acceder á cámara, localización, micrófono, contactos e outros recursos sensibles.
  • Diversidade de versións do sistema operativo e de capacidades de hardware.
  • Necesidade de garantir a accesibilidade en diferentes condicións de visión, audición, mobilidade ou comprensión.

Este tipo de restricións, e algunhas outras que dependerán de cada dispositivo en concreto, deberán terse moi en conta á hora da análise e do deseño dunha aplicación móbil. Unha aplicación pode ofrecer unha funcionalidade semellante á dun programa de escritorio, pero a súa interface, o seu fluxo de traballo e o uso dos recursos deben adaptarse ao dispositivo e ao contexto de uso.


Vantaxes

Doutra banda, non todo vai ser restricións. Tamén haberá que ter en consideración que esta tecnoloxía vai achegar unha serie de vantaxes moi importantes:

  • Mobilidade
  • Pouco peso
  • Pequeno tamaño
  • Facilidade para o transporte
  • Conectividade mediante redes móbiles, wifi, Bluetooth, NFC e outros sistemas de comunicación.
  • Acceso a sensores como GPS, cámaras, acelerómetro, xiroscopio, magnetómetro ou sensores biométricos.
  • Posibilidade de ofrecer servizos personalizados e adaptados á localización e ao contexto do usuario.
  • Dispoñibilidade inmediata e capacidade para recibir notificacións.