diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Ligazóns ($) e property wrappers #

Para ver como funciona un TextField é imprescindible coñecer as ligazóns ($) e os property wrappers que implementa SwiftUI e que se ven no seguinte tema.

Button #

Un Button é unha vista de SwiftUI que permite realizar accións ao tocalo. Podes envolver calquera vista (View) nun Button para facer que esa vista sexa interactiva.

A vista Button ten varios construtores que podemos empregar, pero o máis usado é o construtor que ten os seguintes 2 parámetros:

  • action: É un peche que empregaramos para indicar que acción vamos a levar a cabo cando pulsemos non botón.
  • label: É un peche que devolve unha vista. Esa vista (View) é a que visualizamos e onde temos que facer clic para executar a acción anterior.

Aquí tes un exemplo básico de como usar un Button en SwiftUI:

struct ProbasView: View {
    @State var contador = 0
    
    var body: some View {
        VStack {
            Text("Contador = \(contador)")
            
            Button {
                contador += 1
            } label: {
                Text("Botón 1 - Incrementa contador")
            }
            
            Button {
                incrementaContador()
            } label: {
                Text("Botón 2 - Incrementa contador")
            }
            
            Button {
                contador += 1
            } label: {
                HStack {
                    Image(systemName: "plus.app")
                    Text("Botón 3 - Incrementa contador")
                }
            }
        }
    }
    
    func incrementaContador() {
        contador += 1
    }
}

Neste exemplo, créase:

  • Unha vista Text onde visualizamos a variable @State contador
  • Unha vista Button que se chama cos seguintes parámetros:
    • action: A acción que executamos é incrementar a variable @State contador en 1
    • label: O botón está composto polo texto «Botón 1 – Incrementa contador», que é onde temos que pinchar para executar a acción anterior.
  • Unha vista Button que se chama cos seguintes parámetros:
    • action: A acción que executamos é chamar ao método incrementaContador()
    • label: O botón está composto texto «Botón 2 – Incrementa contador», que é onde temos que pinchar para executar a acción anterior.
  • Unha vista Button que se chama cos seguintes parámetros:
    • action: A acción que executamos é incrementar a variable @State contador en 1
    • label: O botón, nesta ocasión, está composto por unha vista HStack que contén unha imaxe e un texto «Botón 1 – Incrementa contador», que é onde temos que pinchar para executar a acción anterior.

Con cada pulsación en calquera do tres botóns, se incrementa a propiedade @State contador, e, á súa vez, ao implementar o property wrapper State, facemos que SwiftUI volva a renderizar as vistas asociadas á propiedade @State contador.

Share Your Valuable Opinions