diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Declaración de vistas

Os deseños da interface de usuario en SwiftUI se compón de varias vistas combinadas (botóns, campos de texto…).

As vistas decláranse como estruturas que se axustan ao protocolo View.

Para cumprir co protocolo View, requírese que a estrutura conteña unha propiedade body onde se declarará a vista.

Así, na seguinte imaxe vemos a declaración da vista por defecto que crea Xcode (como veremos no seguinte punto do tema):


  • ContentView: É o nome da estrutura que estamos creando. En SwiftUI vamos a empregar case sempre estruturas en lugar de clases. No tema «2.3 Orientación a obxectos en Swift» explico a diferencia entre clases e estruturas
  • View: É un protocolo (ver tema «2.3 Orientación a obxectos en Swift»)
    • A estrutura ContentView implementa o protocolo View.
    • A implementación do protocolo View obriga a crear unha propiedade chamada body.
    • O tipo da propiedade body será some View (ver tipos de datos opacos –some– no tema «2.3 Orientación a obxectos en Swift») , é dicir, calquera clase ou estrutura que implemente o protoloco View

Así, a vista ContentView é unha estrutura que cumpre o protocolo View, e, polo tanto, ten unha propiedade chamada body cuxo tipo é de calquera clase ou estrutura que implemente o protoloco View.

A propiedade body é unha propiedade calculada de só lectura (ver tema «2.3 Orientación a obxectos en Swift»)

  • Ao ser de so lectura non podemos optimizar a súa declaración e omitir o set e o get, directamente se implementa o get sin declaralo.
  • Como so ten unha liña de código, non fai falta o return

Así estes vemos dous xeitos de declarar a vista:


Vistas por defecto #

SwiftUl inclúe unha ampla gama de vistas integradas que se poden utilizar e que veremos no seguinte tema:

  • Etiquetas de texto
  • Botóns
  • Campos de texto
  • Menús
  • Vistas de conmutación e de xestión de deseño.

Ao crear unha aplicación con SwiftUl, empregaremos estas vistas para crear as nosas propias vistas personalizadas que, cando se combinan, constitúen a aparencia e o comportamento da nosa interface de usuario.

Share Your Valuable Opinions