diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Requisitos para o desenvolvemento nativo de apps para iOS

Introdución #

Un dos principais inconvenientes para desenvolver apps iOS de forma nativa é a necesidade dun equipo informático con sistema operativos macOS (aínda que é posible realizar algunhas partes do desenvolvemento noutros sistemas operativos).

O segundo elemento que necesitaremos é o IDE de desenvolvemento Xcode, dispoñible únicamente para Mac OS, e que poderemos descargar de xeito gratuíto empregando una conta AppleID.

macOS #

Estas son as opcións para dispoñer de Mac OS:

  • Un ordenador Apple con macOS.
  • Un servizo de acceso remoto a un ordenador Apple con Mac OS
  • Unha virtualización de Mac OS con VirtualBox ou VMWare (soamente para uso didáctico)
    Nos empregaremos unha virtualización de macOS. O rendemento obtido no caso da virtualización vai a depender:
    • Do hardware anfitrión do ordenador onde instalemos a máquina virtual.
    • Dos recursos asignados á máquina virtual.

Debemos ter en conta que o IDE é bastante esixente cando construímos as interfaces e ademais temos que virtualizar o dispositivo móbil dentro dun sistema operativo xa virtualizado.

Licencia de desarrollador de Apple #

Cando queres publicar as túas aplicacións necesitas ter unha conta de desarrollador en Apple. Tamén é necesaria esta conta para a instalación de Xcode, o IDE necesario para a programación de apps para iOS

Moitas persoas cren que o que debemos facer desde un principio é adquirir unha subscrición ao Apple Developer Program de pago, pero, en realidade, o que se que necesitamos cando empezamos co desenvolvemento iOS é crear unha conta gratuíta de desarrollador de Apple para poder acceder á documentación e tamén para poder descargar o software, neste caso XCode

Xcode #

O segundo elemento que necesitaremos é o IDE de desenvolvemento Xcode, dispoñible unicamente para Mac OS, e que poderemos descargar de xeito gratuíto empregando una conta AppleID.

A versión de macOS que empreguemos condiciona a versión de Xcode así como a de iOS á que va destinada a app que desenvolvamos. Na seguinte táboa móstranse as versións mínimas de compatibilidade entre iOS, macOS e Xcode.

AnoiOSmacOSXcodeSwift
2013710.8 – Mountain Lion5 
2014810.9 – Mavericks61
2015910.10 – Yosemite72
20161010.11 – El Capitan83
20171110.12 – Sierra94
20181210.13 – High Sierra104.2
20191310.14 – Mojave115
20201411 – Big Sur125.2
20211512 – Monterey135.5
20221613 – Ventura145.7
20231714 – Sonoma155.8

Share Your Valuable Opinions