diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Introdución a iOS

Introdución a iOS #

De xeito breve… #

iOS é o sistema operativo desenvolvido por Apple para os seus dispositivos móbiles iPhone e iPad (actualmente levan o sistema operativo iPadOS, derivado de iOS). A súa orixe remóntase ao ano 2007 co lanzamento do primeiro iPhone e o sistema operativo Phone OS.



En 2010 o sistema operativo móbil cambiaría de nome pasando a chamarse iOS 4 (cuarta xeración do sistema).

O núcleo de iOS baséase en MAC OS (baseado en NeXTStep, que a súa vez está baseado en Unix BSD) ao que engade unha interface gráfica adaptada para disposivos móbiles con pantalla multitáctil.



Na figura anterior pódese ver a evolución do sistema ata o ano 2018. Especialmente significativa para aqueles que estamos interesados no desenvolvemento software é a aparición en 2008 da App Store xunto coa posibilidade de instalar aplicacións nativas de terceiros. Ata entón as aplicacións nativas eran desenvolvidas uunicamente por Apple e a única posibilidade de engadir funcionalidade con software de terceiros era o desenvolvemento de aplicacións web.

Actualmente iOS atópase na versión 16, lanzada en setembro de 2022. Cando desenvolvamos apps para iOS debemos ter en conta para qué dispositivos están dirixidas, xa que condicionará tanto a versión das ferramentas de desenvolvemento que debemos empregar, como o formato dos proxectos das apps.

O material é os recursos desta actividade de formación son válidas para iOS 12 e posteriores versións.

Share Your Valuable Opinions