diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Executando a app nun dispositivo físico

Aínda que a contorna do simulador proporciona unha forma útil de probar unha aplicación nunha variedade de diferentes modelos de dispositivos iOS, é importante probar tamén nun dispositivo iOS físico. Para iso:

  • Seguir os pasos vistos na primeira unidade para crear ou ter una conta de desarrollador de Apple
  • Introducir o ID de desarrolador de Apple na pantalla de preferencias de Xcode
  • Seleccionar un equipo de desenvolvemento para o proxecto
  • Habilitar o modo de desenvolvemento no iPhone real (en Axustes → Privacidade e seguridade → Modo de desarollador → Si). Cando activemos o modo de desenvolvemento, temos que reiniciar o iPhone
  • Conectar por USB o iPhone ao ordenador Mac. Se é a primeira vez, desbloquear o iPhone e premer en «Confiar»

Cun dispositivo conectado e a aplicación lista para probar, en lugar de escoller un simulador escollemos o noso dispositivo real, no meu caso chámase «iPiza Movil 2022»:

Share Your Valuable Opinions