diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Introdución #

Swift é unha nova linguaxe de programación para desenvolver aplicacións para iOS, macOS, watchOS, e tvOS. Moitas partes de Swift estan baseadas nas linguaxes C e Objective- C.

Tipos de datos #

Swift proporciona as súas propias versións de todos os tipos fundamentais de C e Objective- C, incluíndo Int para enteiros, Double e Float para valores de punto flotante, Bool para valores de tipo booleano, e String para datos de texto.

Swift tamén ofrece poderosas versións dos tres tipos principais de coleccións: Array, Set, e Dictionary.

Ademais dos tipos familiares, Swift presenta tipos avanzados, como as tuplas. As tuplas permítenche crear e pasar conxuntos de valores. Podes utilizar unha tupla para devolver varios valores dunha función como un único valor composto.

Opcionais #

Swift tamén presenta tipos opcionais, os cales se encargan da ausencia dun valor. Os opcionais indican «existe un valor, e é igual a x» ou «non existe valor algún».

Os opcionais forman parte esencial de moitas das funcións máis poderosas de Swift.

Constantes e variables #

As constantes e variables asocian un nome (como numeroMaximoDeIntentosDeInicioDeSesion ou mensajeDeBienvenida) cun valor (como o número 10 ou a cadea "Ola").

  • O valor dunha constante non se pode cambiar unha vez que se asigna
  • A unha variable pode asignárselle un valor diferente máis adiante.

Declaración #

As constantes e variables deben ser declararadas antes de ser utilizadas.

  • Para declarar constantes, úsase a palabra chave let.
  • As variables decláranse coa palabra chave var.

A continuación, móstrase un exemplo de como se poden utilizar as constantes e variables:

let numeroMaximoDeIntentosDeInicioDeSesion = 10  //Constante
var intentoActualDeInicioDeSesion = 0  //Variable

Tamén podes declarar múltiples constantes ou variables nunha soa liña, separadas por comas:

var x = 0.0, y = 0.0, z = 0.0  //Declaracion de tres variables de tipo Double

Definicións de tipo #

Ao declarar unha constante ou variable, podes especificar o tipo de valores que dita constante ou variable pode almacenar:

var mensajeDeBienvenida: String  //Declaracion de unha variable de tipo String
mensajeDeBienvenida = "Ola"  //Asignación dun valor á varible

var rojo, verde, azul: Double  //Declaración de tres variables de tipo Double na mesma liña

type-safe #

Swift é unha linguaxe con seguridade de tipo (type-safe), o que significa que a linguaxe che axuda a ter claro os tipos de valores cos que pode traballar o teu código.

  • Se unha parte do teu código require un String, a seguridade de tipo impedirache pasar un Int por erro.
  • Do mesmo xeito, a seguridade de tipo evitará que pases, accidentalmente, un String opcional a un fragmento de código que require un String non opcional.

A seguridade de tipo axúdache a detectar e corrixir erros canto antes no proceso de desenvolvemento. Así, por exemplo, se parte do teu código require unha cadea, non poderás pasarlle un Int por erro.

Debido a que conta con seguridade de tipo, Swift realiza verificacións de tipos ( type checks) ao compilar o código e marca como erro calquera tipo que non coincida.

Nomes #

Os nomes de constantes e variables poden incluír case calquera carácter, incluíndo caracteres Unicode:

let π = 3.14159
let 你好 = "你好世界"
let 🐶🐮 = "can_vaca"

Os nomes de constantes e variables non poden conter:

  • Caracteres de espazo en branco
  • Símbolos matemáticos ou frechas, entre outras cousas.
  • Tampouco poden comezar cun número, aínda que estes pódense incluír noutras partes do nome.

Unha vez que declaraches unha constante ou variable de certo tipo, non poderás volver declarala co mesmo nome nin cambiala para almacenar valores dun tipo diferente.

Tampouco é posible converter unha constante nunha variable ou unha variable nunha constante.

Cando creamos a nosa aplicación, é moi importante ter un código que sexa lexible e comprensible. É por iso que che recomendo que engadas nomes de variables que se entendan e que aporten valor. No seguinte exemplo, amoso casos de que é preferible e que non é:

// PREFERIBLE
var estáLogueado: Bool = false
var númeroDeUsuarios: Int = 10
var mensaxeDeBenvida = "¡Benvido a SwiftBeta!"

// NON PREFERIBLE
var abc: Bool = false
var 🌴🌲: Int = 10
var om = "¡Benvido a Drodicio.com!"

Engade nomes que che den información sobre que almacenan esas variables. Deste xeito, cando volvas ao código meses máis tarde ou se estás traballando nunha empresa con máis desenvolvedores iOS, axudaralles a entender mellor que fai o teu código.

Asignar valores a variables e constantes #

É posible cambiar o valor dunha variable xa declarada a outro valor dun tipo compatible:

var nombreDelLenguaje = "Swift"
nombreDelLenguaje = "Swift ++" 

var numero = 5
numero = 10
numero += 2

A diferenza dunha variable, o valor dunha constante non se pode cambiar despois de ser asignado. Tentar cambialo, resultará nun erro ao momento de compilar o código:

let nombreDelLenguaje = "Swift"

nombreDelLenguaje = "Swift ++" //Esta instrución da o seguinte erro:
// cannot assign to value: 'nombreDelLenguaje' is a 'let' constant.

Inferencia de tipo #

En Swift non temos que especificar o tipo de cada constante e variable que declaramos. Nese caso, Swift determina automaticamente o tipo apropiado (inferencia de tipo).

let significadoDeLaVida = 42  // Infirese que significadoDeLaVida é de tipo Int

let pi = 3.14159  //Infirese que pi é de tipo Double

let saudo = "Hola"  //Infirese que saudo é de tipo String

Podes imprimir por pantalla (visualizar) o valor actual dunha constante ou variable mediante a función print():

var recepcionAmigable = "¡Hola!"
recepcionAmigable = "Bonjour!"

print(recepcionAmigable)  // Imprime "Bonjour!"

Interpolación de cadeas #

Podemos inserir o nome dunha constante ou variable dentro de unha cadea de xeito que Swift a substitúa co seu valor.

Para facer isto, envolve o nome da constante ou variable entre paréntese e precédeo cunha barra inclinada investida () :

var recepcionAmigable = "¡Hola!"
recepcionAmigable = "Bonjour!"

print(recepcionAmigable)  // Imprime "Bonjour!"

print("¡El valor actual de recepcionAmigable es \(recepcionAmigable)!")  // Imprime "¡El valor actual de recepcionAmigable es Bonjour!"

Comentarios #

Usamos comentarios para incluír texto non executable no código, como unha nota ou un recordatorio persoal.

O compilador de Swift ignora os comentarios ao momento de compilar o código.

Comentarios dunha liña #

Os comentarios dunha soa liña comezan con dúas barras inclinadas (//):

// Isto é un comentario

Comentarios de varias liñas #

Os comentarios de varias liñas comezan cunha barra inclinada seguida dun asterisco (/*) e terminan cun asterisco seguido dunha barra inclinada (*/):

/* Isto tamén é un comentario, 
pero está escrito en varias liñas. */

; – Punto e coma #

A diferenza de moitos outras linguaxes, Swift non require que escribas un punto e coma (;) despois de cada declaración no teu código, aínda que podes facelo se así o desexas.

Con todo, si se require se quixeses escribir múltiples declaracións nunha soa liña:

let gato = "🐱"; print(gato)  // Imprime "🐱"

Share Your Valuable Opinions