diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

View Categories

🖥️ Instalacion e configuración

🖥️ Compiladores online para Dart #

Para practicar Dart sen necesidade de instalar nada no ordenador, existen varios compiladores online que permiten escribir, probar e compartir código directamente dende o navegador. Estes entornos son ideais para a aprendizaxe, demostracións en clase ou experimentación rápida.

🔹 DartPad (oficial) #

  • URL: https://dartpad.dev
  • Descrición: Entorno web oficial mantido por Google. Permite escribir código Dart e tamén Flutter.
  • ✅ Recomendado para: clases, demostracións e experimentación rápida.

🔹 Replit #

  • URL: https://replit.com/languages/dart
  • Descrición: Plataforma de programación colaborativa con soporte para múltiples linguaxes, incluída Dart.
  • ✅ Recomendado para: exercicios colaborativos e proxectos sinxelos.

📌 Conclusión #

Para a maioría dos casos educativos, DartPad é a mellor opción. Replit é unha alternativa útil se se precisa traballar en grupo ou gardar proxectos na nube.

🧰 Instalación e configuración #

Para traballar con Dart de forma local, existen dúas opcións principais:

✅ Opción 1: Instalar só Dart (non recomendado) #

Se só vas traballar con programas pequenos escritos en Dart (sen Flutter), podes instalar o Dart SDK por separado.

📦 O Dart SDK inclúe:

  • Compilador (dart)
  • Executador (dart run)
  • Consola interactiva (dart)
  • Ferramentas como dart format, dart analyze, etc.

💡 Nota: Se vas usar Flutter, non é necesario instalar Dart por separado, xa que xa vén incluído.

🚀 Opción 2: Instalar Flutter (recomendado) #

A opción máis completa é instalar Flutter, que xa incorpora o Dart SDK e permite desenvolver aplicacións multiplataforma (móbil, web, escritorio).

🔗 Guías oficiais segundo o sistema operativo:

⚙️ Requisitos comúns #

  • Editor recomendado: Visual Studio Code
  • Extensións necesarias:
    • “Flutter”
    • “Dart” (actívase automaticamente co plugin de Flutter)
  • Ter git instalado (Flutter descárgase mediante Git)
  • Engadir flutter/bin ao PATH do sistema
  • Verificar a instalación con:
flutter doctor

🧰 Como usar paquetes externos (ex. characters) #

Dart permite empregar paquetes externos para ampliar as funcionalidades da linguaxe. Un exemplo útil é o paquete characters, que permite traballar con caracteres Unicode complexos, como emojis ou símbolos compostos.

📦 Pasos para engadir un paquete externo en Visual Studio Code. #

📌 NOTA: O seguinte exemplo o farei para engadir o paquete characters.

  1. 🪛 Crear un novo proxecto Dart. Isto crea a estrutura dun proxecto estándar que deberás abrir en Visual Studio Code:
dart create nome_proxecto

  1. 📦 Engadir o paquete no pubspec.yaml. Abre o ficheiro pubspec.yaml e engade characters na sección de dependencias:
dependencies:
  characters: ^1.3.0