Antes de comezar a desenvolver software para algún destes dispositivos, é necesario ser conscientes das limitacións coas que nos podemos atopar nestes aparellos. Cales son as restricións ás que nos imos a ter que enfrontar?
Limitacións
Algunhas destas restricións son:
- Subministración de enerxía limitado (normalmente dependente de baterías).
- Procesadores con capacidade de cómputo reducida.
- Adoitan ter unha baixa frecuencia de reloxo pola necesidade de aforrar enerxía.
- Pouca memoria principal (RAM).
- Almacenamento de datos persistente reducido nalgúns dispositivos (pequena memoria flash interna, tarxetas SD, etc.).
- Conexión a algún tipo de rede intermitente e con ancho de banda limitado.
- Pantallas de reducidas dimensións.
- Teclados con funcionalidade moi básica e pequenos.
Este tipo de restricións, e algunhas outras que dependerán de cada dispositivo en concreto, haberán de ser tidas moi en conta á hora da análise e deseño dunha aplicación «móbil», pois non podemos pretender, que esa aplicación poida conter a mesma funcionalidade, que a que podemos atopar habitualmente nun programa que é executado nun ordenador de sobremesa ou un portátil.

Vantaxes
Doutra banda, non todo vai ser restricións. Tamén haberá que ter en consideración que esta tecnoloxía vai achegar unha serie de vantaxes moi importantes:
- Mobilidade
- Pouco peso
- Pequeno tamaño
- Facilidade para o transporte
- Conectividade a diversos tipos de redes de comunicacións (mensaxería SMS e MMS; voz; Internet; Bluetooth; infravermellos; radiofrecuencia, etc.).
