diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

View Categories

Limitacións das tecnoloxías móbiles

Antes de comezar a desenvolver software para algún destes dispositivos, é necesario ser conscientes das limitacións coas que nos podemos atopar nestes aparellos. Cales son as restricións ás que nos imos a ter que enfrontar?

Limitacións #

Algunhas destas restricións son:

  • Subministración de enerxía limitado (normalmente dependente de baterías).
  • Procesadores con capacidade de cómputo reducida.
  • Adoitan ter unha baixa frecuencia de reloxo pola necesidade de aforrar enerxía.
  • Pouca memoria principal (RAM).
  • Almacenamento de datos persistente reducido nalgúns dispositivos (pequena memoria flash interna, tarxetas SD, etc.).
  • Conexión a algún tipo de rede intermitente e con ancho de banda limitado.
  • Pantallas de reducidas dimensións.
  • Teclados con funcionalidade moi básica e pequenos.

Este tipo de restricións, e algunhas outras que dependerán de cada dispositivo en concreto, haberán de ser tidas moi en conta á hora da análise e deseño dunha aplicación “móbil”, pois non podemos pretender, que esa aplicación poida conter a mesma funcionalidade, que a que podemos atopar habitualmente nun programa que é executado nun ordenador de sobremesa ou un portátil.

Vantaxes #

Doutra banda, non todo vai ser restricións. Tamén haberá que ter en consideración que esta tecnoloxía vai achegar unha serie de vantaxes moi importantes:

  • Mobilidade
  • Pouco peso
  • Pequeno tamaño
  • Facilidade para o transporte
  • Conectividade a diversos tipos de redes de comunicacións (mensaxería SMS e MMS; voz; Internet; Bluetooth; infravermellos; radiofrecuencia, etc.).