Números
Os enteiros son números sen compoñente fraccionario, como 42 e -23.
Os números enteiros poden ter signo (positivo, cero, ou negativo) ou non telo (positivo ou cero).
Swift proporciona enteiros con e sen signo en diversos formatos: 8, 16, 32 e 64 bits. Un enteiro sen signo de 8 bits é de tipo UInt8 e un enteiro de 32 bits con signo é de tipo Int32.
Como todos os tipos en Swift, estes tipos enteiros teñen nomes en maiúscula.
Límites
É posible acceder aos valores mínimos e máximos de cada tipo de enteiro mediante as propiedades min e max:
let valorMinimo = UInt8.min // valorMinimo é igual a 0 e é de tipo UInt8
let valorMaximo = UInt8.max // valorMaximo é igual a 255 e é de tipo UInt8
Int
Na maioría dos casos, non terás que elixir un tamaño de número enteiro para usar no teu código.
Swift proporciona un tipo de enteiro adicional, Int, que ten o mesmo tamaño que o da plataforma na que se traballa:
- Nunha plataforma de 32 bits, Int ten o mesmo tamaño que
Int32. - Nunha plataforma de 64 bits, Int ten o mesmo tamaño que
Int64.
A menos que teñas que traballar cun tamaño específico de enteiro, usa sempre Int para valores enteiros no teu código
let valorMinimo: Int = 5 //Número de tipo Int
let valorMaximo = 34 //Número de tipo Int (inferido)
UInt
Swift tamén proporciona un tipo de número enteiro sen signo, UInt, que ten o mesmo tamaño que o da plataforma na que se traballa:
- Nunha plataforma de 32 bits, UInt ten o mesmo tamaño que
UInt32. - Nunha plataforma de 64 bits, UInt ten o mesmo tamaño que
UInt64.
let valorMinimo: UInt = 5 //Número de tipo UInt
valorMinimo = -34 //Erro: os números UInt so poden ter signo +
Números reais – Números en punto flotante
Os números de punto flotante son números cun compoñente fraccionario, como 3.14159, 0.1, e -273.15.
Os tipos de punto flotante poden representar un rango de valores moito máis amplo que os tipos enteiros e poden almacenar números que son moito máis grandes ou máis pequenos que os que se poden almacenar nun Int.
Swift proporciona dous tipos de números de punto flotante con signo:
Doublerepresenta un número de punto flotante de 64 bits.Floatrepresenta un número de punto flotante de 32 bits.
let numPi: Double = 3.1416 //Número de tipo Double
let numPi2 = 3.1416 //Número de tipo Double
let numPi3:Float = 3.1416 //Número de tipo Float
Conversión de números enteiros e de punto flotante
As conversións entre tipos numéricos enteiros e de reais deben facerse de maneira explícita:
let tres = 3
let puntoUnoCuatroUnoCincoNueve = 0.14159
let pi = Double(tres) + puntoUnoCuatroUnoCincoNueve // pi éigual a 3.14159, e infirese que é de tipo Double
let piEntero = Int(pi) // piEntero é igual a 3, e infirese que é de tipo Int
Booleanos
Swift ten un tipo booleano básico, chamado Bool.
Os valores booleanos coñéceselles como lóxicos porque só poden ser verdadeiros ou falsos.
Swift proporciona dous valores constantes booleanos: true e false:
let naranjasSonAnaranjadas = true
let verdurasSonDeliciosas = false
Condicionais
Os valores booleanos son particularmente útiles cando se traballa con instrucións condicionais como a instrución if:
if verdurasSonDeliciosas {
print("¡Mmm, deliciosas verduras!")
}
else {
print("Guac, las verduras son horribles.")
}
//Imprime "Guac, las verduras son horribles."