diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Ligazóns ($) e property wrappers #

Para ver como funciona un TextField é imprescindible coñecer as ligazóns ($) e os property wrappers que implementa SwiftUI e que se ven no seguinte tema.

TextField #

Un TextField permite aos usuarios introducir texto.

Podes usalo para capturar información de entrada do usuario, como nomes, contrasinais ou calquera outro tipo de texto.

Aquí tes un exemplo básico de como usar un TextField en SwiftUI:

struct ProbasView: View {
    @State var textoIntroducido = ""
    
    var body: some View {
        VStack {
            TextField("Introduce o teu texto", text: $textoIntroducido)
                .padding()
                .textFieldStyle(RoundedBorderTextFieldStyle())

            Text("Texto introducido: \(textoIntroducido)")
                .padding()
                }
        .padding()
    }
}

Neste exemplo, créase:

  • Unha vista TextField establece unha ligazón á propiedade @State textoIntroducido para usar como almacenamento para o texto introducido polo usuario.
  • Unha vista Text que está ligada á mesma propiedade. Este texto actualizase cada vez que introducimos un texto no TextField, xa que están ligados á mesma propiedade

Con cada pulsación de tecla realizada mentres o usuario escribe no TextField, a ligazón almacenará o texto actual na propiedade textoIntroducido. Cada cambio na propiedade @State textoIntroducido, á súa vez, fará que SwiftUI volva a renderizar a xerarquía da vista.

Share Your Valuable Opinions