diegoRodicio

Está documentación está a túa disposición sin ningún custo económico. Sen embargo, para a súa elaboración dedico moito tempo e recursos, polo que agradecería unha colaboración co que consideres oportuno. Gracias.

Clasificación dos dispositivos móbiles

Entre os dispositivos móbiles existentes, algúns xa en desuso, atópanse:

  •   SmartPhones ou «teléfonos intelixentes»
  •   PDA (Persoal Dixital Assistant – asistentes dixitais persoais) ou PocketPC (PC de peto).
  •   Handheld, ou PCs de man.
  •   Tablets, que se atoparían entre os smartphones e os PC Ultramóviles.

Segundo as fontes que consultes podes atopar diversas clasificacións onde se inclúan uns ou outros tipos de dispositivos, por exemplo:

  •   Pagers (ou buscapersonas), hoxe día xa en desuso.
  •   Navegadores GPS.
  •   E-Readers (lectores de libros dixitais).
  •   Pequenas videoconsolas de man.
  •   Cámaras dixitais.
  •   Calculadoras programables.

No noso caso, os principais aparellos aos que nos referiremos ao falar de dispositivos móbiles serán os smartPhones e as tablets.

Doutra banda, segundo a tecnoloxía vaia avanzando poderasche ir atopando con novos tipos de produtos e servizos que irán ampliando as posibilidades de elección. Como sempre sucede no mundo da tecnoloxía haberá que estar continuamente ao día dos novos avances que van aparecendo para non quedar atrás.

Share Your Valuable Opinions