---
title: Toggle
description: "## Property wrappers **Para ver como funciona un `Toggle` é imprescindible coñecer os property wrappers que implementa SwiftUI e que se ven no seguinte tema.** ## Toggle Un `Toggle` é un componente que permite cambiar entre dous estados, xeralmente representados…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swiftui/tema-3-tipos-de-vistas-en-swiftui/toggle/"
updated: "2024-02-02"
category: Tema 3. Tipos de vistas en SwiftUI
---

# Toggle

## Property wrappers

**Para ver como funciona un `Toggle` é imprescindible coñecer os property wrappers que implementa SwiftUI e que se ven no seguinte tema.**

## Toggle

Un `Toggle` é un componente que permite cambiar entre dous estados, xeralmente representados como "activado" ou "desactivado".

A continuación, proporciono un exemplo simple de como usar `Toggle` en SwiftUI:

## Exemplo

Neste exemplo:

- Declárase unha propiedade de estado (`@State`) chamada `estadoToggle` para rastrexar o estado do `Toggle`.
- O `Toggle` créase co texto "Estado do interruptor" e está vinculado ao estado `estadoToggle` mediante o modificador `isOn`.
- Amósase un texto que reflicte o estado actual do `Toggle` ("Activado" ou "Desactivado").

Cando executas esta vista, verás un interruptor que os/as usuarios/as poden activar ou desactivar. O texto debaixo do interruptor reflicte o estado actual do `Toggle`.

![](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2024/02/toggle01-scaled.jpg)

```swift
struct ToggleViewExemplo: View {
    @State var estadoToggle = false

    var body: some View {
        VStack {
            Toggle("Estado do interruptor", isOn: $estadoToggle)
                .padding()
            Text("Estado actual: (estadoToggle ? "Activado" : "Desactivado")")
                .padding()
        }
    }
}
```

## Outro exemplo

No seguinte exemplo:

- Unha vista `Toogle` establece unha ligazón á propiedade booleana `@State wifiOn` para usar como almacenamento para activar ou desactivar unha wifi.
- Cando a propiedade `@State wifiOn == true`: Visualizamos unha `Image` dun wifi activado
- Cando a propiedade `@State wifiOn == false`: Visualizamos unha `Image` dun wifi desactivado

```swift
struct ToggleViewExemplo2: View {
    @State private var wifiOn = false

    var body: some View {
        VStack {

            Toggle(isOn: $wifiOn) {
                Text("Pulsa para activar a WIFI:")
            }

            if(wifiOn) {
                Image(systemName: "wifi")
            }
            else {
                Image(systemName: "wifi.slash")
            }
        }
    }
}
```

![](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2023/10/state03.png)
