---
title: Button
description: "## Ligazóns (`$`) e property wrappers **Para ver como funciona un `TextField` é imprescindible coñecer as ligazóns (`$`) e os property wrappers que implementa SwiftUI e que se ven no seguinte tema.** ## Button Un `Button` é unha vista de…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swiftui/tema-3-tipos-de-vistas-en-swiftui/button/"
updated: "2024-01-22"
category: Tema 3. Tipos de vistas en SwiftUI
---

# Button

## Ligazóns (`$`) e property wrappers

**Para ver como funciona un `TextField` é imprescindible coñecer as ligazóns (`$`) e os property wrappers que implementa SwiftUI e que se ven no seguinte tema.**

## Button

Un `Button` é unha vista de SwiftUI que permite realizar accións ao tocalo. Podes envolver calquera vista (`View`) nun `Button` para facer que esa vista sexa interactiva.

A vista `Button` ten varios construtores que podemos empregar, pero o máis usado é o construtor que ten os seguintes 2 parámetros:

- `action:` É un peche que empregaramos para indicar que acción vamos a levar a cabo cando pulsemos non botón.
- `label:` É un peche que devolve unha vista. Esa vista (`View`) é a que visualizamos e onde temos que facer clic para executar a acción anterior.

Aquí tes un exemplo básico de como usar un `Button` en SwiftUI:

![](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2024/01/boton01.jpg)

```swift
struct ProbasView: View {
    @State var contador = 0

    var body: some View {
        VStack {
            Text("Contador = (contador)")

            Button {
                contador += 1
            } label: {
                Text("Botón 1 - Incrementa contador")
            }

            Button {
                incrementaContador()
            } label: {
                Text("Botón 2 - Incrementa contador")
            }

            Button {
                contador += 1
            } label: {
                HStack {
                    Image(systemName: "plus.app")
                    Text("Botón 3 - Incrementa contador")
                }
            }
        }
    }

    func incrementaContador() {
        contador += 1
    }
}
```

Neste exemplo, créase:

- Unha vista `Text` onde visualizamos a variable `@State contador`
- Unha vista `Button` que se chama cos seguintes parámetros:
  - `action:` A acción que executamos é incrementar a variable `@State contador` en 1
  - `label:` O botón está composto polo texto "Botón 1 - Incrementa contador", que é onde temos que pinchar para executar a acción anterior.
- Unha vista `Button` que se chama cos seguintes parámetros:
  - `action:` A acción que executamos é chamar ao método `incrementaContador()`
  - `label:` O botón está composto texto "Botón 2 - Incrementa contador", que é onde temos que pinchar para executar a acción anterior.
- Unha vista `Button` que se chama cos seguintes parámetros:
  - `action:` A acción que executamos é incrementar a variable `@State contador` en 1
  - `label:` O botón, nesta ocasión, está composto por unha vista `HStack` que contén unha imaxe e un texto "Botón 1 - Incrementa contador", que é onde temos que pinchar para executar a acción anterior.

Con cada pulsación en calquera do tres botóns, se incrementa a propiedade `@State contador`, e, á súa vez, ao implementar o property wrapper `State`, facemos que SwiftUI volva a renderizar as vistas asociadas á propiedade `@State contador`.
