---
title: Introdución
description: "En Swift podemos crear os nosos propios tipos usando Clases ou Estruturas. Dentro da Librería Standard de Swift xa temos varios tipos que vimos e usamos, por exemplo `Array`, `Dictionary`, `String`, `Int`, ...etc. A parte de ter estes tipos, nós…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swift/tema-3-orientacion-a-obxectos-en-swift/introducion/"
updated: "2023-12-02"
category: Tema 3. Orientación a obxectos en Swift
---

# Introdución

En Swift podemos crear os nosos propios tipos usando Clases ou Estruturas. Dentro da Librería Standard de Swift xa temos varios tipos que vimos e usamos, por exemplo `Array`, `Dictionary`, `String`, `Int`, ...etc.

A parte de ter estes tipos, nós podemos crear os nosos propios tipos,.

Dentro dunha Class ou Struct podemos crear:

- Propiedades
- Métodos

As **propiedades** son variables ou constantes que usamos dentro dunha `Class` ou `Struct` para almacenar un valor (gardar un estado) e os **métodos** son funcións que creamos dentro dunha `Class` ou `Struct` para modificar o estado da propiedades ou realizar outra tarefa.

Dentro dun tipo podemos crear todas as propiedades e métodos que queiramos, o ideal é crealos agrupándoos segundo unha mesma responsabilidade.
