---
title: Class e Struct
description: "Ao crear un tipo, xa sexa `Class` ou `Struct`, creamos unha abstracción para poder traballar no noso código: - **Son construcións flexibles de propósito xeral que se converten como se fosen os bloques de construción do código**. - Definimos propiedades…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swift/tema-3-orientacion-a-obxectos-en-swift/class-e-struct/"
updated: "2023-12-02"
category: Tema 3. Orientación a obxectos en Swift
---

# Class e Struct

Ao crear un tipo, xa sexa `Class` ou `Struct`, creamos unha abstracción para poder traballar no noso código:

- **Son construcións flexibles de propósito xeral que se converten como se fosen os bloques de construción do código**.
- Definimos propiedades e métodos para agregarlle funcionalidade, utilizando a mesma sintaxe que utilizamos para definir constantes, variables e funcións.

No seguinte exemplo, vou crear unha `Struct` para crear un tipo `Usuario` que teña unha serie de propiedades e métodos:

```swift
struct Usuario {
    let nome: String
    let cidade: String

    func createUser() {
        print("Creando usuario...")
    }

    func removeUser() {
        print("Borrando usuario")
    }
}
```

Acabamos de crear o noso primeiro tipo, creamos unha `Struct` que encapsula os datos que debe almacenar un `Usuario` (**propiedades**) e certas operacións que podo facer con eses datos (**métodos** para crear ou borrar un `Usuario`).

**NOTA:**

Que diferenza hai entre un método e unha función? Ningunha, Os métodos son funcións que están asociados a un tipo en particular.

## Class vs Struct

Aínda que unha `Class` e `Struct` úsanse con propósitos diferentes, as dúas teñen cousas en común:

- Crear **propiedades** para almacenar valores
- Crear **métodos** para crear lóxica
- Crear **inicializadores**
- Conformar **protocolos** para engadir máis funcionalidade

Pero a `Class` ten funcionalidade adicional que non atopamos na `Struct`:

- Podemos usar **herdanza** só en `Class`
- Podemos **deinicializar** unha `Class` para liberar recursos
- Podemos ter a mesma referencia da instancia dunha Class en varias partes do noso código (a Class é reference type e Struct é value type)”

## Sintaxe

Vamos a comparar a sintaxe dunha estrutura cunha clase equivalente:

```swift
struct ExemploEstrutura {
    var nome: String

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

class ExemploClase {
    var nome: String

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}
```

Ademais do uso da palabra chave `struct` en lugar de `class`, as dúas declaracións son idénticas.

## Instancias

Para poder usar no noso código os novos tipos `ExemploClase` e `ExemploEstrutura` o primeiro que debemos facer é crear unha instancia deles.

**En Swift, unha instancia é un obxecto concreto dunha `Class` ou `Struct`.**

- Cando creas unha instancia, asígnase espazo en memoria para almacenar os datos desa `Class` ou `Struct`
- Tamén se inicializan cos seus valores iniciais.
- Ao crear a instancia podes usar as propiedades e métodos do tipo.

Ao crear unha instancia dos nosos tipos é obrigatorio dar un estado inicial a todas as súas propiedades.

- Para dar un estado inicial adóitase utilizar un inicializador, unha función que recibe valores para asignalos ás propiedades, desta maneira poden ter un valor e pódese crear a instancia dun tipo correctamente.
- Para crear un inicializador usamos o nome `init` e pasamos tantos parámetros como propiedades debamos inicializar no noso tipo.

Así, para poder instanciar a `Class` ou a `Struct` que acabamos de crear, necesitamos darlle un valor por defecto ás propiedades `nome`. Para facelo usamos o inicializador, o noso inicializador acepta un parámetro de entrada que se acaba asignando á propiedade `nome` (liñas 4 e 16):

```swift
struct ExemploEstrutura {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

class ExemploClase {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}
```

Agora xa so falta crear as instancias da `Class` e da `Struct`, no seguinte exemplo se corresponde coas dúas últimas liñas. A instancia da clase é `‌miClase` e a da estructura `miEstrutura`:

```swift
struct ExemploEstrutura {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

class ExemploClase {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

var miEstrutura = ExemploEstrutura(nome: "Lola Mento")
var miClase = ExemploClase(nome: "Aitor Tilla")
```

Agora, xa podemos acceder aos métodos da clase e da estrutura a través das súas instancias. Velaquí o exemplo completo:

```swift
struct ExemploEstrutura {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

class ExemploClase {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

var miEstrutura = ExemploEstrutura(nome: "Lola Mento")
var miClase = ExemploClase(nome: "Aitor Tilla")

print("(miEstrutura.construirSaudo())")
//Imprime: Ola Lola Mento

print("(miClase.construirSaudo())")
//Imprime: Ola Aitor Tilla
```

## Paso por valor vs Paso por referencia

Dada a similitude entre clases e estruturas, é importante comprender como difiren as dúas. Antes de explorar a diferenza máis significativa, primeiro é necesario comprender os conceptos paso por valor e paso por referencia.

A maior diferencia entre as estruturas e as clases está cando as instancias de estrutura e clase se pasan como argumentos a métodos ou funcións.

- **As instancias de estrutura pásanse por valor**. Esto significa que se crea unha copia da instancia cos datos contidos na estrutura orixinal. Se cambiamos a copia, non se producen cambios na estrutura orixinal
- **As instancias de clase pásanse por referencia**. Neste caso, non se crea unha copia, senón que pasamos a referencia da localización na memoria onde está a instancia. Noutras palabras, só hai unha instancia de clase, pero poden existir varias referencias que apuntan a ela

Vemos o explicado anteriormente no seguinte exemplo:

```swift
struct ExemploEstrutura {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

class ExemploClase {
    var nome: String

    init(nome: String) {
        self.nome = nome
    }

    func construirSaudo() -> String{
        return "Ola " + nome
    }
}

var miEstrutura = ExemploEstrutura(nome: "Lola Mento")
var miEstruturaCopia = miEstrutura
miEstruturaCopia.nome = "Pepe Viyuela"
print("Nome: (miEstrutura.nome)") //Imprime: Nome: Lola Mento
print("Nome: (miEstruturaCopia.nome)") //Imprime: Nome: Pepe Viyuela

var miClase = ExemploClase(nome: "Aitor Tilla")
print("Nome: (miClase.nome)") //Imprime: Nome: Aitor Tilla
var miClaseCopia = miClase
miClaseCopia.nome = "Pepe Viyuela"
print("Nome: (miClase.nome)") //Imprime: Nome: Pepe Viyuela
print("Nome: (miClaseCopia.nome)") //Imprime: Nome: Pepe Viyuela
```

Como podemos observar:

- **Estruturas → pasan por valor**: Na `liña 26` copiamos `miEstrutura` en `miEstruturaCopia`. Como son estruturas, a copia é por valor (créase unha copia de `miEstrutura`), polo que ao modificar unha propiedade en `miEstruturaCopia` (`liña 27`) non afecta á estrutura orixinal (`miEstrutura`) que mantén o seu valor. Isto o vemos nas `liñas 28 e 29`
- **Clases → pasan por referencia**: Na `liña 34` copiamos `miClase` en `miClaseCopia`. Como son clases, non hai copia, o paso é por referencia, polo que ao modificar unha propiedade en `miClaseCopia` (`liña 35`) afecta á clase orixinal (`miClase`). Isto o vemos na `liña 36`, en lugar de imprimir o valor inicial de `miClase.nome` (**"Aitor Tilla"**, tal e como imprime na `liña 33`) imprime "**Pepe Viyuela"** (valor cambiado en `miClaseCopia.nome`)

## Empregar estruturas ou clases?

- **En xeral, as estruturas recoméndanse sempre que sexa posible porque son máis eficientes que as clases e máis seguras**. Por defecto, emprega sempre que podas `Struct`
- **As clases deben usarse cando**:
  - **Necesitamos herdanza**,
  - Só requírese unha instancia dos **datos encapsulados**
  - Se requirimos **paso por referencia**
  - Se queremos tomar medidas adicionais para liberar recursos mediante **`deinit{ }`**.
