---
title: 04. Tuplas
description: "As tuplas agrupan múltiples valores nun só valor composto. Os valores dentro dunha tupla poden ser de diferentes tipos (non teñen que ser do mesmo tipo entre si): ```swift let usuario = (\"drodicio\", \"IES San Mamede\", \"Director\", 3, true) ```…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swift/tema-1-comezando-con-swift/tuplas/"
updated: "2024-11-06"
category: Tema 1. Comezando con Swift
---

# 04. Tuplas

As tuplas agrupan múltiples valores nun só valor composto. Os valores dentro dunha tupla poden ser de diferentes tipos (non teñen que ser do mesmo tipo entre si):

```swift
let usuario = ("drodicio", "IES San Mamede", "Director", 3, true)
```

No caso anterior creamos unha tupla que contén 5 valores:

- Non todos son do mesmo tipo.
- Estes valores son almacenados na constante usuario.

Neste exemplo,`(404, "Not Found")` é unha tupla que describe un código de estado HTTP.

- Un código de estado HTTP é un valor especial devolto por un servidor web cada vez que se lle solicita unha páxina web.
- O código de estado 404 Not Found é devolto se se solicita unha páxina web que non existe.

```swift
let http404Error = (404, "Not Found")
//http404Error é de tipo (Int, String) e é igual a (404, "Not Found")
```

**As tuplas son particularmente útiles como valores devoltos por unha función**

## Acceso aos valores das tuplas

Podemos acceder aos valores das tuplas de varios xeitos.

### 1º xeito. Índices:

Podemos acceder aos distintos valores polo índice. Neste exemplo, como a tupla ten 5 valores, empezamos no 0 e acabamos no 4. Verás que ao compilar este código no Playground móstrase cada valor na barra de resultados e na consola.

```swift
let usuario = ("drodicio", "IES San Mamede", "Director", 23, true)

print(usuario.0)  //Visualiza "drodicio"
print(usuario.1)  //Visualiza "IES San Mamede"
print(usuario.2)  //Visualiza "Director"
print(usuario.3)  //Visualiza 23
print(usuario.4)  //Visualiza true
```

### 2º xeito. Descomposición de tuplas:

Podes descompoñer o contido dunha tupla en constantes ou variables separadas, ás que logo poderás acceder como de costume:

Esta é unha forma moito máis lexible e fácil de entender:

```swift
let (userName, organización, cargo, puntuación, isProUser) = ("drodicio", "IES San Mamede", "Director", 23, true)

print(userName)  //Visualiza "drodicio"
print(organización)  //Visualiza "IES San Mamede"
print(cargo)  //Visualiza "Director"
print(puntuación)  //Visualiza 23
print(isProUser)  //Visualiza true
```

Ao compilar vemos os mesmos valores que no caso dos índices, pero o noso código é moito máis claro. É dicir, entendemos mellor o noso código cando engadimos nomes que nos achegan un significado.

**Isto é xusto o que comentabamos na sección anterior de engadir bos nomes ás nosas constantes e variables.**

Outro exemplo:

```swift
let (codigoDeEstado, mensajeDeEstado) = http404Error

print("El código de estado es (codigoDeEstado)")
//Imprime "El código de estado es 404"

print("El mensaje de estado es (mensajeDeEstado)")
//Imprime "El mensaje de estado es Not Found"
```

### 3º xeito: nomear os elementos no momento da súa creación:

Podes nomear os elementos individuais nunha tupla ao momento de crear a tupla:

```swift
let http200Status = (codigoDeEstado: 200, descripcion: "OK")
print("El código de estado es (http200Status.codigoDeEstado)")
//Imprime "El código de estado es 200"

print("El mensaje de estado es (http200Status.descripcion)")

//Imprime "El mensaje de estado es OK"
```
