---
title: 03. Tipos de datos simples
description: "## Números Os enteiros son números sen compoñente fraccionario, como `42` e `-23`. Os números enteiros poden ter signo (positivo, cero, ou negativo) ou non telo (positivo ou cero). Swift proporciona enteiros con e sen signo en diversos formatos: 8,…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swift/tema-1-comezando-con-swift/tipos-de-datos-simples/"
updated: "2024-11-06"
category: Tema 1. Comezando con Swift
---

# 03. Tipos de datos simples

## Números

Os enteiros son números sen compoñente fraccionario, como `42` e `-23`.

Os números enteiros poden ter signo (positivo, cero, ou negativo) ou non telo (positivo ou cero).

Swift proporciona enteiros con e sen signo en diversos formatos: 8, 16, 32 e 64 bits. Un enteiro sen signo de 8 bits é de tipo `UInt8` e un enteiro de 32 bits con signo é de tipo `Int32`.

Como todos os tipos en Swift, estes tipos enteiros teñen nomes en maiúscula.

### Límites

É posible acceder aos valores mínimos e máximos de cada tipo de enteiro mediante as propiedades `min` e `max`:

```swift
let valorMinimo = UInt8.min // valorMinimo é igual a 0 e é de tipo UInt8
let valorMaximo = UInt8.max // valorMaximo é igual a 255 e é de tipo UInt8
```

### Int

Na maioría dos casos, non terás que elixir un tamaño de número enteiro para usar no teu código.

Swift proporciona un tipo de enteiro adicional, `Int`, que ten o mesmo tamaño que o da plataforma na que se traballa:

- Nunha plataforma de 32 bits, Int ten o mesmo tamaño que `Int32`.
- Nunha plataforma de 64 bits, Int ten o mesmo tamaño que `Int64`.

**A menos que teñas que traballar cun tamaño específico de enteiro, usa sempre `Int` para valores enteiros no teu código**

```swift
let valorMinimo: Int = 5  //Número de tipo Int
let valorMaximo = 34  //Número de tipo Int (inferido)
```

### UInt

Swift tamén proporciona un tipo de número enteiro sen signo, `UInt`, que ten o mesmo tamaño que o da plataforma na que se traballa:

- Nunha plataforma de 32 bits, UInt ten o mesmo tamaño que `UInt32`.
- Nunha plataforma de 64 bits, UInt ten o mesmo tamaño que `UInt64`.

```swift
let valorMinimo: UInt = 5  //Número de tipo UInt
valorMinimo = -34  //Erro: os números UInt so poden ter signo +
```

### Números reais - Números en punto flotante

Os números de punto flotante son números cun compoñente fraccionario, como 3.14159, 0.1, e -273.15.

Os tipos de punto flotante poden representar un rango de valores moito máis amplo que os tipos enteiros e poden almacenar números que son moito máis grandes ou máis pequenos que os que se poden almacenar nun `Int`.

Swift proporciona dous tipos de números de punto flotante con signo:

- **`Double`** representa un número de punto flotante de 64 bits.
- **`Float`** representa un número de punto flotante de 32 bits.

```swift
let numPi: Double = 3.1416  //Número de tipo Double
let numPi2 = 3.1416  //Número de tipo Double
let numPi3:Float = 3.1416  //Número de tipo Float
```

### Conversión de números enteiros e de punto flotante

As conversións entre tipos numéricos enteiros e de reais deben facerse de maneira explícita:

```swift
let tres = 3
let puntoUnoCuatroUnoCincoNueve = 0.14159

let pi = Double(tres) + puntoUnoCuatroUnoCincoNueve  // pi éigual a 3.14159, e infirese que é de tipo Double
let piEntero = Int(pi)  // piEntero é igual a 3, e infirese que é de tipo Int
```

## Booleanos

Swift ten un tipo booleano básico, chamado `Bool`.

Os valores booleanos coñéceselles como lóxicos porque só poden ser verdadeiros ou falsos.

Swift proporciona dous valores constantes booleanos: `true` e `false`:

```swift
let naranjasSonAnaranjadas = true
let verdurasSonDeliciosas = false
```

### Condicionais

Os valores booleanos son particularmente útiles cando se traballa con instrucións condicionais como a instrución `if`:

```swift
if verdurasSonDeliciosas {
  print("¡Mmm, deliciosas verduras!")
}
else {
  print("Guac, las verduras son horribles.")
}
//Imprime "Guac, las verduras son horribles."
```
