---
title: 05. Opcionais
description: "Os opcionais utilízanse en situacións onde un valor pode estar ausente. Un opcional representa dúas posibilidades: - Existe un valor, e podes extraer o opcional para acceder a ese valor - Non existe un valor en absoluto. Vamos a ver…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/swift/tema-1-comezando-con-swift/opcionais/"
updated: "2024-11-06"
category: Tema 1. Comezando con Swift
---

# 05. Opcionais

Os opcionais utilízanse en situacións onde un valor pode estar ausente.

Un opcional representa dúas posibilidades:

- Existe un valor, e podes extraer o opcional para acceder a ese valor
- Non existe un valor en absoluto.

Vamos a ver como se poden empregar co seguinte exemplo: O tipo `Int` de Swift ten un inicializador que tenta converter un valor `String` nun valor `Int`. Non todas as cadeas poden ser convertidas en enteiros:

- A cadea "123" pode converterse no valor numérico 123
- A cadea "Ola, mundo." non ten un valor numérico no cal converterse.

Así, no seguinte exemplo tentamos converter un String nun Int:

```swift
let posibleNumero = "123"
let numeroConvertido = Int(posibleNumero)
//se infiere que numeroConvertido es de tipo "Int?", o "Int opcional"
```

Dado que o inicializador (liña 2) podería fallar, este devolve un `Int opcional`, en lugar dun `Int`.

Un Int opcional escríbese `Int?`.

O signo de interrogación indica que o valor que contén é opcional, o que significa que pode conter algún valor `Int`, ou pode non conter ningún valor en absoluto.

## nil

Para fixar unha variable opcional nun estado sen valor, asígnalle o valor especial `nil`:

```swift
var codigoDeRespuestaDelServidor: Int? = 404
//codigoDeRespuestaDelServidor contiene un valor real Int de 404

codigoDeRespuestaDelServidor = nil
//codigoDeRespuestaDelServidor ahora no contiene valor

codigoDeRespuestaDelServidor = 505
//codigoDeRespuestaDelServidor ahora contén 505
```

Se defines unha variable opcional sen proporcionar un valor predeterminado, á variable asígnaselle `nil` automaticamente:

```swift
var respuestaEncuesta: String?
// a respuestaEncuesta se le asigna nil automáticamente
```

## Extraer/Desempqeutar o valor dun opcional

En moitas ocasións, ao longo do noso programa, interésanos traballar co valor que contén o opcional. É dicir, desempaquetar o opcional e traballar unicamente co seu valor, xa que nos facilita e simplifica moito o código.

A continuación imos aprender a como extraer o valor dun opcional e vas ver que podemos facelo de diferentes maneiras:

### Extraer valor con `if-let`

Neste exemplo, imos a transforma un `String` a `Int`, e imos usar `if-let` para extraer o valor do opcional (en caso de ter un valor). Imos velo:

```swift
var cadea = "123"                   // 1
var numero = Int(cadea)             // 2

if let numeroExtraido = numero {    // 3
    print(numeroExtraido)           // 4
} else {
    print("Non ten valor")          // 5
}
```

- Creamos unha variable de tipo `String` co valor de `"123"`
- Transformamos `cadea` a un `Int`. Para facelo, usamos o inicializador `Int()` ao que se lle pasa a cadea que queremos transformar a número.
- O tipo da variable `numero` é opcional, é `Int?` como aprendemos ao principio deste capítulo. **Isto é debido a que esta transformación pode fallar** (e se pode fallar entón pode conter nil, e por tanto é un opcional).
- Creamos un `if-let` para extraer o valor da variable `numero`. Se `numero` ten un valor, almacénase en `numeroExtraido`
- Visualizamos o valor de `numeroExtraido` (neste caso é o número 123).
  - Como curiosidade, comentar que o tipo de `numeroExtraido` é de tipo `Int`.
  - É dicir, podemos usar `numeroExtraido` como unha variable normal (sen tratala como un opcional).
- Se non se pode extraer ningún valor de `numero`, visualizarmos por consola "Non ten valor".

### Extraer valor con nil coalescing (`??`)

Podemos usar o operador `??` para obter un valor por defecto se o valor dun opcional que queremos usar é `nil`.

Imaxina que queres asignar o valor dun opcional a unha variable, se usas o operador `??` comprobarase que se o valor do opcional é `nil`, podemos darlle un valor por defecto á variable. Vese moi claro no seguinte exemplo:

```swift
var cadeaOpcional: String? = nil
var valorFinal = cadeaOpcional ?? "Drodicio"

print(valorFinal)     // Visualiza Drodicio

cadeaOpcional = "Agora non son nil"
valorFinal = cadeaOpcional ?? "Drodicio"
print(valorFinal)     // Visualiza "Agora non son nil"
```

### Extraer valor coa función `map`

```swift
var cadea = "123"                   // 1
var numero = Int(cadea)             // 2

numero.map { valor in
    print("Valor (valor)")         // 3. Visualiza 123
}
```

Neste caso visualizamos unha mensaxe que aparecerá por consola coa cadea de texto "Valor " e xusto a continuación poñemos o valor que contén `numero`.

- Este `print` mostrarase por consola só se `numero` ten algún valor
- En caso de ser `nil` o `print` do `map` non se executa

Non te preocupes sobre algúns conceptos como `if`, `map`, ... etc. Todo isto, abordarémolo máis adiante.

## Forzar o desempaquetado de opcionais

Swift permíteche sobreescribir a forma segura de traballar cos opcionais utilizando un signo de exclamación `!`. Se sabes **de xeito seguro** que un opcional ten un valor (non é `nil`), podes forzar o seu desempaquetado colocando un signo de exclamación logo de leste.

**Ten moito coidado: Se fas isto sobre un opcional que é `nil`, o teu código vai fallar.**

```swift
func anoPublicaciónAlbum(nome: String) -> Int? {
    if nome == "Taylor Swift" { return 2006 }
    if nome == "Fearless" { return 2008 }
    if nome == "Speak Now" { return 2010 }
    if nome == "Red" { return 2012 }
    if nome == "1989" { return 2014 }

    return nil
}

var ano = anoPublicaciónAlbum(nome: "Red")

if ano == nil {
    print("Hai un erro")
} else {
    print("Foi publicado no ano (ano!)")
}
```
