---
title: 🔗 Combinar o menú e a barra inferior
description: "## 🔗 Dous controis, unha única selección Podemos combinar un `Drawer` e unha barra inferior, aínda que nunha aplicación pequena pode abondar cun deles. A clave é gardar **un único `_indiceActual`**. Tanto o menú como a barra chámanlle ao mesmo…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/flutter/tema-4-scaffold/menu-e-barra/"
updated: "2026-10-12"
category: Tema 4. Estrutura dunha pantalla. Scaffold
---

# 🔗 Combinar o menú e a barra inferior

## 🔗 Dous controis, unha única selección

Podemos combinar un `Drawer` e unha barra inferior, aínda que nunha aplicación pequena pode abondar cun deles.

A clave é gardar **un único `_indiceActual`**. Tanto o menú como a barra chámanlle ao mesmo método `seleccionar`. Así o contido e a opción marcada non se contradín.

Ao seleccionar desde o menú, tamén o pechamos con `Navigator.pop(context)`.

## 🧪 Exemplo completo

Proba a escoller «Perfil» no menú e comproba que a barra inferior tamén o marca. Despois volve a «Centro» coa barra.

> 🔗 DartPad:
>
>
>
> - [`https://dartpad.dev/?id=dae4e2b1dfcc7acd96c1a3f9dcb8de46`](https://dartpad.dev/?id=dae4e2b1dfcc7acd96c1a3f9dcb8de46).

[https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=dae4e2b1dfcc7acd96c1a3f9dcb8de46](https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=dae4e2b1dfcc7acd96c1a3f9dcb8de46)

Os widgets devoltos para cada sección só conteñen o seu contido. O `Scaffold` común mantén a barra superior, o menú e a barra inferior.

![Compartir a selección entre o menú lateral e a barra inferior](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/barra_menu-scaled.png)
Compartir a selección entre o menú lateral e a barra inferior
