---
title: 🧠 Que é o estado?
description: "O **estado** son os datos que lembramos e que poden cambiar mentres usamos unha pantalla: un contador, unha opción seleccionada ou o nome que estamos editando. Flutter constrúe a interface a partir deses datos. Se cambia o contador, queremos que…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/flutter/tema-3-estado-callbacks/introducion-estado-flutter/"
updated: "2026-10-12"
category: Tema 3. Estado e callbacks
---

# 🧠 Que é o estado?

O **estado** son os datos que lembramos e que poden cambiar mentres usamos unha pantalla: un contador, unha opción seleccionada ou o nome que estamos editando.

Flutter constrúe a interface a partir deses datos. Se cambia o contador, queremos que o texto mostre o novo valor.

| Tipo de widget | Cando o usamos? |
| --- | --- |
| `StatelessWidget` | Para describir unha parte da interface a partir dos datos que recibe, sen gardar estado mutable propio. |
| `StatefulWidget` | Cando necesitamos un obxecto `State` asociado que garde datos cambiantes entre reconstrucións. |

**Un `StatelessWidget` tamén pode mostrar contido diferente.** Se o pai lle pasa outro nome, pode reconstruírse para mostralo. A diferenza é onde gardamos os datos que cambian, non se a pantalla parece estática ou ten botóns.

Neste tema partiremos dun contador. Despois separaremos a interface en widgets que reciben datos e callbacks. No Tema 3.4 aplicaremos isto aos menús e ás barras de `Scaffold`.

> 📚 Consulta:
>
>
>
> - [Introdución aos widgets → `https://docs.flutter.dev/ui/widgets-intro`](https://docs.flutter.dev/ui/widgets-intro).
